Wikipedia:Sobre Galicia/decembro 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 17 de novembro de 2021, foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca. As súas obras superan os corenta volumes. Algún deles, como Galván en Saor (Xerais, 1989), foi un grande éxito de vendas. Foi membro numerario da Real Academia Galega desde o ano 2006.