Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Santiago de Compostela
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Santiago de Compostela[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 10-03-2013 - 01-05-2013
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: JaviP96 10 de marzo de 2013 ás 10:05 (UTC)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Completo artigo sobre a capital de Galiza (aínda que pode ser mellorado), é a única das sete cidades galegas, xunto con Ourense, que aínda non foi artigo destacado na portada. --JaviP96 10 de marzo de 2013 ás 10:05 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --JaviP96 10 de marzo de 2013 ás 10:05 (UTC)[responder]
- Concordo. --Paradanta (Cóntame) 23 de marzo de 2013 ás 10:37 (UTC)[responder]
- Concordo, aínda queda moito por facer, mais penso que o feito de estar na portada pode impulsar a súa mellora. Piquito (conversa) 1 de abril de 2013 ás 08:04 (UTC)[responder]
- Concordo Aínda que penso que a galería de imaxes, agora mesmo, é extensa de máis. Habería que reducila. --. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2013 ás 10:42 (UTC)[responder]
- Concordo. Ver comentario, --Xosé Antonio (fálame sempre) 19 de abril de 2013 ás 23:05 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Agardar
- Agardar. Véxase comentario. Piquito (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 21:37 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Coido que quedaría ben meter algunhas imaxes na galería, e deixar como {{Artigo principal}} a Galería de imaxes de Santiago de Compostela. --JaviP96 10 de marzo de 2013 ás 10:13 (UTC) Feito!. --JaviP96 15 de marzo de 2013 ás 15:47 (UTC)[responder]
- Comentario. A sección de política local está algo desactualizada, boto en falta algunha mención, aínda que sexa de pasada, sobre os recentes escándalos de corrupción do goberno municipal. --Paradanta (Cóntame) 10 de marzo de 2013 ás 10:15 (UTC) Feito!. --JaviP96 22 de marzo de 2013 ás 18:24 (UTC)[responder]
- Comentario. A sección "Monumentos, museos e lugares de visita" está redactada como unha lista, coido que habería que cambialo. Persoalmente fáltame unha sección de "Etimoloxía", outra de "Xeografía", outra de "Cultura" (sorprende que non haxa mención á Cidade da Cultura ou á Real Filharmonía), a sección de "Demografía" son básicamente gráficas (persoalmente coido que habería que tratar aspectos como a poboación flotante, especialmente os estudantes universitarios), penso que tamén estaría ben unha sección de símbolos e outra de economía, etc. Son moitas cousas, e pode que se tivera todo eso sería artigo de calidade, mais coido que tratándose da capital de Galiza lle debemos esixir estar como mínimo como o da Coruña. Apertas!!! Piquito (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 21:37 (UTC)[responder]
- Comentario. Ampliei a sección de demografía e alixeirei as táboas, ampliei tamén a sección de clima, e a de monumentos, ceei a de medio ambiente e zonas verdes e tamén a de cultura, con varios subapartados, e a economía, a ver que vos parecen. Saúdos. --JaviP96 29 de marzo de 2013 ás 12:06 (UTC)[responder]
- Comentario. Supoño que votei fóra de prazo pero como estiven a traballar no artigo quero dicir que me parece mellorábel en catro aspectos:
máis imaxes acompañando ao texto, máis referencias, engadir descricións ás listas dos monumentos, edificios e museos que non a teñen, e estruturar as seccións seguindo a orde do modelo de concellos. Aínda así é un artigo que merece ser destacado. --Xosé Antonio (fálame sempre) 19 de abril de 2013 ás 23:05 (UTC)[responder]