Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Desembocadura do río Lagareiros. Praia de Boca do Río - Carnota - Galiza 25 Abr 09.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobada.
Período de votación: 29-07-2011 - 14-08-2011
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Ficheiro:Desembocadura do río Lagareiros. Praia de Boca do Río - Carnota - Galiza 25 Abr 09.jpg[editar a fonte]
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 12:57, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- Información: Creada en Flickr por Ramon Piñeiro e cargada en Commons por Lmbuga
- DESCRICIÓN: Praia de Boca do Río, Carnota. Vexa o artigo praia.--Elisardojm (conversa) 12:57, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- A favor
Concordo. --Elisardojm (conversa) 12:57, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- Concordo. Pedro --Lameiro (conversa) 13:43, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- Concordo. --Xas (conversa) 14:24, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- Concordo. --Elvira (conversa comigo) 14:54, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- Concordo. E engado que Galipedia non é un portal de fotografía e os colaboradores non son fotógrafos profesionais. Non buscamos a perfección técnica. As fotos da portada válennos para ligar e divulgar o contido dos artigos. En todo caso este é un proceso aberto á participación e voto dos editores da wiki e debe respetarse segundo a política en vigor.--. HombreDHojalata.conversa 06:24, 2 de agosto de 2011 (UTC)
- Concordo e concordo absolutamente con HombreDHojalata. A foto da semana é un escaparate dos nosos artigos e non unha mostra da excelencia técnica dos fotográfos. Con que teñan interese e unha calidade moi mínima abonda. Isto, loxicamente, non é un portal de fotografía, como ben di el. Ademais, penso que non é procedente retirar unha proposta en pleno proceso de votación, aínda que a retire quen a efectuou; cómpre respectar as votacións. --Paradanta (Cóntame) 08:35, 2 de agosto de 2011 (UTC)
- Concordo, e tamén co dito por HombreDHojalata. Non me gusta o ton empregado polo usuario Lmbuga, non me parece axeitado comezar un comentario cun Pésimo panorama, seguro que non pretendía ofender, pero o ton pode parecer un pouco subido na miña opinión, está ben esixirlles ás imaxes, pero tampouco converter a galipedia nun portal de fotografía, está ben criticar, pero certas expresións sobran. Un saúdo Piquitoconversa 0:46, 5 de agosto de 2011
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Acéptanse propostas de pé de foto un pouco máis orixinais :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:57, 29 de xullo de 2011 (UTC)
- Comentario Pésimo panorama: a parte inferior da unión das dúas fotos (atendendo ó eixo horizontal, o centro; e, do centro, a metade inferior) mostra unha unión deficientísima das dúas fotos. Ademais está subexposta, a profundidade de campo é pobrísima (só está nítido o terzo inferior da foto), estáinclinado o horizonte, a zona dereita do ceo está queimada.-- Lmbuga / Conversa comigo 19:27, 1 de agosto de 2011 (UTC)
- Comentario Ten razón Lmbuga, a calidade da imaxe deixa bastante que desexar, non me fixara nos detalles, co cal retiro a miña proposta. Sinto esta perda de tempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:15, 1 de agosto de 2011 (UTC)
- Comentario Estou dacordo en que a proposta siga adiante e que a comunidade decida (non sabía moi ben o que debía facer ó cambiar a miña idea respecto a ela) pero risco o meu voto porque xa non me convence demasiado que a imaxe esté na portada da Galipedia. Eu creo que a imaxe da portada debería ter unha calidade un pouco maior ca da media, igual que os artigos que saen na portada Sobre Galicia e os Artigos destacados procúrase que sexan artigos máis elaborados e revisados, a imaxe da semana debe ter unha calidade ó seu nivel. Pero agora xa está, que a comunidade decida e eu tentarei revisar mellor as miñas propostas para o futuro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:36, 2 de agosto de 2011 (UTC)
- Comentario Conservo o voto à favor, a Galipedia é unha enciclopedia. Por outro bando pareceme bòo ter comentarios, tal o de Lmbuga ainda que non leven o valor que poderia aproveitar a Galipedia no caso que tivesemos varios usuarios con capacidades na estética e nas técnica e tecnoloxía da fotografía, porque podriamos ter, xuntandose ises usuarios nun proxecto da comunidade, un obradoiro para encargos sobre os recursos de imaxes da enciclopedia, mellorar imaxes, crear imaxes etc..--Elvira (conversa comigo) 14:34, 10 de agosto de 2011 (UTC)