Walter Winchell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWalter Winchell

(1960) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1897 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de próstata Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión , actor , locutor de radio , xornalista , guionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0934595 Allmovie: p76855 TV.com: people/walter-winchell
Musicbrainz: eb1a56cd-8599-4498-ba4e-223e3d1b1e53 Discogs: 1909045 WikiTree: Winchel-60 Find a Grave: 1116 Editar o valor em Wikidata

Walter Winchell, nado en Nova York o 7 de abril de 1897 e finado nos Ánxeles o 20 de febreiro de 1972, foi un xornalista estadounidense, considerado o inventor da columna de sociedade actual.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Winchell naceu en Nova York, fillo de Jennie (Bakst) e o vendedor Jacob Winchell, inmigrantes xudeus rusos.[1] Na súa mocidade actuou en varias compañías de vodevil e espectáculos.[1]

Comezou a súa carreira no xornalismo na década de 1920, tras publicar varias informacións de rumores relacionadas coas xiras dos grupos de espectáculos. En 1924 foi contratado por New York Evening Graphic como columnista da sección de sociedade e cronista de sucesos. Cinco anos despois pasou a formar parte do cadro de New York Daily Mirror,[2] propiedade de William Randolph Hearst, e a súa columna comezou a distribuírse a outros xornais de todo o país pertencentes a King Features.[3]

Debutou na radio en maio de 1930, contratado por Blue Network[4] (propiedade de NBC ata 1943, e posteriormente de ABC) para narrar novas de sociedade e espectáculos, dentro dun espazo patrocinado pola empresa Lucky Strike. Grazas ao seu estilo para contar as historias e as súas exclusivas, Winchell logrou un espazo propio nesa cadea e pasou a ser un dos reclamos para as vendas dos diarios de Hearst. Mantendo o mesmo estilo, introduciu novas de política para ser un dos primeiros que atacou directamente a Adolf Hitler e os partidos estadounidenses de ultradereita. Coa entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, as súas columnas pasaron a estar dominadas por ese tema.

Walter Winchell tivo unha evolución política: aínda que na década de 1930 defendeu ideas consideradas como de esquerda e apoiou o presidente Franklin D. Roosevelt, ao rematar a guerra pasou a ter unha ideoloxía conservadora e antisoviética, chegando a apoiar teses como as de McCarthy na súa columna e no seu programa. O programa de radio pasou a ser retransmitido de forma simultánea para televisión en 1955 por ABC, mais a perda de espectadores provocou que o espazo televisivo fose cancelado. A súa fama comezou a caer e pasou a realizar outros traballos como a narración da serie The Untouchables ou un espazo de variedades, e finalmente acabou por caer no esquecemento como xornalista. En 1957 deixou a radio e en 1963 desvinculouse definitivamente da empresa Hearst.

O suicidio do seu fillo en 1968 levouno a anunciar a súa retirada definitiva dos medios de comunicación. En 1972, faleceu nos Ánxeles vítima dun cancro de próstata. Está enterrado no Greenwood/Memory Lawn Mortuary & Cemetery de Phoenix.[5]

Estilo[editar | editar a fonte]

Winchell marcou unha tendencia á hora de revelar segredos dos famosos e diversos espectáculos, e o seu estilo foi continuado por outros xornalistas como Ed Sullivan e Louella Parsons. O seu estilo é coñecido nos Estados Unidos como gossip column (literalmente, "columna de rumores"), e estaba baseado en frases curtas cheas de linguaxe coloquial e evasivas para eludir a desaprobación dos editores, escribindo para todo tipo de lectores. No seu programa de radio narraba as novas de xeito rápido e valéndose dun telégrafo, que facía sonar para crear unha sensación de urxencia. Dada a súa influencia no público, os comentarios de Winchell podían afectar a carreira profesional dun artista ou mesmo de políticos e xornalistas, especialmente despois da segunda guerra mundial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Leonard, Thomas C. (xaneiro de 1999). Winchell, Walter. American National Biography Online. ISBN 9780198606697. doi:10.1093/anb/9780198606697.article.1602802. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  2. Gardner, Ralph D. (2001). "The Age of Winchell". Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  3. [archives.nypl.org/the/21480 Walter Winchell papers, 1920-1967], New York Public Library for the Performing Arts
  4. Dunning, John (1998). On the Air: The Encyclopedia of Old-Time Radio (Revised ed.). Nova York: Oxford University Press. pp. 708–710. ISBN 978-0-19-507678-3. Consultado o 9 de setembro de 2019. 
  5. "Mrs. Winchell's Little Boy". TIME Magazine. 26 de marzo de 1972. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]