Villa de Pitanxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Placa en homenaxe aos falecidos do buque en Pontevedra.

O Villa de Pitanxo[1] foi un arrastreiro galego que afundiu nas costas de Terra Nova e Labrador (Canadá) o 15 de febreiro de 2022. No naufraxio morreron 21 persoas, e só houbo tres superviventes.[2]

Afundimento[editar | editar a fonte]

A baliza de emerxencia do buque activouse aproximadamente ás 02:30 horas do 15 de febreiro de 2022.[3] Ao recibir o sinal, o Centro de Coordinación de Rescate Conxunto de Halifax comezou a busca do barco e os posibles superviventes do naufraxio.[4] O arrastreiro Playa Menduiña II foi o primeiro barco en chegar á zona do naufraxio e a súa tripulación rescatou os tres superviventes e cinco cadáveres.[5]

O embaixador español no Canadá, Alfredo Martínez Serrano,[6] coordinou desde Otava a repatriación e asistencia ás familias dos mariñeiros do pesqueiro. O traslado dos únicos tres integrantes vivos do barco e dos cinco mariñeiros falecidos realizouse dende o aeroporto de San Xoán de Terra Nova a Santiago de Compostela.[7] Os outros doce mariñeiros non foron localizados.[8]

Tripulantes[editar | editar a fonte]

A lista de tripulantes facilitada polos armadores é a seguinte:[9] [10]

  • Juan Padín Costa, patrón (supervivente).
  • Eduardo Rial Padín (supervivente).
  • Samuel Kwesi Koufie (supervivente).
  • Rogelio Franco Damazo Cueva, axudante de cociña (falecido).
  • Miguel Ángel Lumbres Cumpra (falecido).
  • Diego Andrés More (falecido).
  • Pelungo Zure Apaanah (falecido).
  • Ricardo Alfonso Cruz (falecido).
  • William Arévalo Pérez (falecido).
  • Daniel Fernando More (falecido).
  • Fernando Santomé Ferradás, cociñeiro (falecido).
  • Juan Antonio Cordero Coro, segundo patrón (falecido).
  • Edemon Okutu (falecido).
  • Juan Frías (desaparecido).
  • Ricardo Arias García (desaparecido).
  • Francisco Manuel Navarro, observador de control do IEO (desaparecido).
  • Raúl González Santiago, alumno en prácticas (desaparecido).
  • Fernando González Martínez (desaparecido).
  • Edwin Córdoba (desaparecido).
  • Michael (desaparecido).
  • Jonathan Calderón (desaparecido).
  • Martín Quino (desaparecido).
  • Francisco de Pazo Villanueva, xefe de máquinas (desaparecido).
  • Pedro Herrera Couso (desaparecido).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Botija, Julio (15 de febreiro de 2022). "Así era el Villa de Pitanxo, el barco gallego que ha naufragado en Canadá". As. Consultado o 16 de decembro de 2023. 
  2. Graña, Lara (10 de julio de 2022). "Un taquígrafo en silencio para el “Villa de Pitanxo”". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  3. Lois, Julio (18 de marzo de 2022). "Los supervivientes del ‘Villa de Pitanxo’ mantienen versiones encontradas un mes después del naufragio". El País (Grupo PRISA). Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  4. Redacción (16 de febrero de 2022). "Intensa búsqueda en Canadá y tensa espera en Galicia tras el naufragio del pesquero gallego". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  5. López, Xaquín (5 de octubre de 2023). "¿Qué pasó en el Pitanxo?" (vídeo). RTVE. Consultado o 6 de octubre de 2023. 
  6. Redacción (2 de julio de 2022). "Familias de víctimas del Villa de Pitanxo se reunirán con Canadá el día 7 a través de su embajada". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  7. Sánchez-Vallejo, María Antonia (21 de febrero de 2022). "El avión con los tres supervivientes y cinco víctimas del naufragio del pesquero gallego despega rumbo a España". El País (Grupo PRISA). Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  8. Agencias (29 de julio de 2022). "Familiares de las víctimas del 'Villa de Pitanxo' piden un barco para ir a Terranova". El Español (El León de El Español Publicaciones). Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  9. Hermida, María (16 de febrero de 2022). "Los 24 tripulantes del "Villa de Pitanxo"". Atlántico Diario (Rías Baixas Comunicación). Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  10. Redacción (18 de febrero de 2022). "Los tripulantes del Villa de Pitanxo, uno a uno: desde Raúl, de solo 24 años, a Francisco, en edad de jubilación". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de agosto de 2022.