República do Vietnam do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "República de Vietnam do Sur")
Bandeira

O Goberno Revolucionario Provisional da República do Vietnam do Sur (Chính Phủ Cách Mạng Lâm Thời Cộng Hòa Miền Nam Việt Nam) foi un goberno comunista formado pola Fronte de Liberación Nacional do Vietnam, máis coñecido como Vietcong, en 1969, surxido en oposición ao anticomunista, apoiado polos Estados Unidos de América, de Vietnam do Sur. Na meirande parte da súa existencia operou só coma un goberno no exilio e non presentou ningún problema para a autoridade do goberno survietnamita. Durou até o ano 1976, cando o Vietnam do Norte e o Goberno Revolucionario Provisional xuntáronse dando lugar á República Socialista do Vietnam.