Ventdelplà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ventdelplà
Formato Drama
Creado por Josep Maria Benet i Jornet
Intérpretes Emma Vilarasau
Jordi Boixaderas
Georgina Latre
Carles Cuevas
Cristina Dilla
Joan Crosas
Anna Barrachina
Miquel Gelabert
Ramon Madaula
Nao Albet
Rosa Vila
Teresa Urroz
Marta Marco
Marc García Coté
País de orixe España España
Episodios 365
Produción
Duración 50-55 min
Emisión orixinal
Canle de orixe TV3
Emisión 14 de febreiro de 200517 de outubro de 2010
Ligazóns externas
Páxina web

Ventdelplà foi unha serie dramática creada por Josep Maria Benet i Jornet e producida por Diagonal TV para Televisió de Catalunya, que se emitiu por TV3 durante sete temporades entre o 14 de febreiro de 2005 e o 17 de outubro de 2010.

Argumento[editar | editar a fonte]

O argumento vira ao redor de Teresa, unha muller maltratada polo seu marido que foxe de Barcelona cara a Ventdelplà onde ten un tío, Gustau. Aínda que ao principio ten a intención de vender a casa e volver a Barcelona, queda en Ventdelplà. A serie narra as vidas da xente do pobo.

Teresa Clarís é unha ama de casa, casada cun avogado de prestixio de Barcelona. Ten dous fillos, de 15 e 8 anos, e a carreira de médico terminada. O seu marido pronto lle fai deixalo todo para ocuparse dos fillos e sobre todo del. Cando quere recuperar algo de independencia, todo complícase. Debe fuxir e refuxiarse temporalmente en casa do seu tío Gustau, en Ventdelplà.

Localización[editar | editar a fonte]

A maioría das escenas exteriores de Ventdelplà foron rodadas no pobo de Breda, na comarca catalá da Selva. As escenas que teñen lugar na cidade (Barcelona ou Xirona), rodáronse xeralmente en Sant Celoni.

Repartimento[editar | editar a fonte]

Capítulos e audiencias[editar | editar a fonte]

Tempada Espectadores Share
Primeira 742.000 25,4%
Segunda 814.000 26,7%
Terceira 764.000 24,0%
Cuarta 725.000 23,7%
Quinta 640.000 21,0%
Sexta 629.000 20,0%
Sétima 490.000 16,3%
Promedio 686.000 22,4%

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio da Academia da Televisión ao mellor programa autonómico de ficción de 2007.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Houbo unha adaptación galega da serie, Valderrei, que foi emitida pola Televisión de Galicia entre o 27 de febreiro e o 29 de xuño de 2007.

O 4 de xaneiro de 2010, a cadea de televisión privada bTV de Bulgaria estreou a versión dobrada a lingua búlgara de Ventdelplà.[1] Tamén poden escoitarse, por debaixo, as voces orixinais dos actores en catalán.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]