Vegard Opaas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Vegard Opaas, nado o 11 de novembro de 1961 en Oslo, é un antigo saltador de esquí noruegués.
Traxectoria [editar]
Comezou a participar na Copa do Mundo en 1982 e conseguiu a súa primeira vitoria en 1983. Participou nas Olimpiadas de Inverno de 1984 en Saraievo obtendo un oitavo posto en trampolín curto individual. Foi o primeiro noruegués en vencer, en 1987, na clasificación final da Copa do Mundo de Salto de Esquí. Nese ano tamén gañou tres medallas nos Campionatos do Mundo de Esquí Nórdico en Oberstdorf, dúas pratas (trampolín grande individual e por equipos) e un bronce (trampolín curto individual). Retirouse da competición en 1990.