VLC media player
{{{rodapé}}} |
|
| Desenvolvedor: | Proxecto VideoLAN |
| Última versión: | 0.9.4 (7 de outubro, 2008) () |
| Sistema operativo: | Multiplataforma |
| Xénero: | Reprodutor |
| Licenza: | GPL |
| En galego: | Si |
| Sitio web: | www.videolan.org |
O VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor de medios do proxecto VideoLAN. Admite moitos códecs de audio e video, así coma diferentes tipos de ficheiros, ademais dos formatos de DVD, VCD e varios protocolos de transmisión. Tamén pode ser usado coma un servidor de fluxo en unicast ou multicast, en IPv4 ou IPv6 , nunha rede de alto ancho de banda. O programa usa a biblioteca do códec libavcodec do proxecto FFmpeg para manexar os moitos formatos que admite, e emprega a biblioteca de descifraxe DVD libdvdcss para poder reproduci-los DVD cifrados.
É un dos reprodutores máis independentes, en canto a plataforma se refire, con versións para Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, BeOS, BSD, Pocket PC e Solaris.
En Windows, Linux, e algunhas outras plataformas, o VLC inclúe unha extensión Mozilla/Firefox, que permite ver algúns ficheiros Quicktime e Windows Media incrustados nas webs sen ter que usar produtos de Microsoft ou Apple.
Da versión 0.8.2 en diante, o VLC vén cunha extensión ActiveX, que permite ver algúns ficheiros QuickTime e Windows Media incrustados nas webs, cando se navega co Internet Explorer.
O VLC media player pódese usar coma unha aplicación portable.