Víctor Fábregas
Víctor Fábregas Martínez, nado en Esteiro (Muros) en 1971, é un actor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Empezou no teatro afeccionado na infancia, da man de Xosé Agrelo Hermo[1]. Na universidade realizou un postgrao de teatro e marchou a Alcalá de Henares a estudar teatro clásico. Dous anos despois voltou a Galiza e, logo de traballar nunha conserveira, comeza a rodar para a TVG no programa Con perdón[2], baseado en bromas feitas a cidadáns anónimos mediante unha cámara oculta, pero acadou fama polo seu papel nos Tonechos, un dúo cómico que mantiña co actor Roberto Vilar. Este dúo empezou actuando no Luar da TVG a comezos do século XXI e que despois se consolidou cun programa de seu, O show dos Tonechos. Tamén interpretou a h_7 en Enjuto Mojamuto[Cómpre referencia]. A comezos de xaneiro de 2009 anunciaron a separación dos Tonechos[3].
Notas [editar]
- ↑ Gústame pasar por pailán, sinto mágoa pola xente que se cre superior, Galiciae, 18/1/09
- ↑ Divorcio a la gallega, El País, 10/1/2009
- ↑ Os Tonechos sepáranse, A Nosa Terra, 8/1/2009