Víctor Arufe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Arufe
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , investigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña (2008–)
Universidade de Vigo (2006–2008) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webvictorarufe.com Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 1233286


Víctor Arufe Giráldez, nado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1979, é un escritor e profesor universitario e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasa a súa infancia no compostelán barrio de Vite, estudando no Colexio Público de Vite e no IES Xelmírez II. Ao rematar o Bacharelato cursa os estudos de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas no IES Rosalía de Castro e posteriormente múdase a Pontevedra para facer a Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e Deportiva na Universidade de Vigo. Durante varios anos reside no Porto para rematar a súa tese doutoral que combina coa realización dun mestrado de Alto Rendemento Deportivo do Comité Olímpico Español e a Universidade Autónoma de Madrid e un posgrao de experto en Adestramento Deportivo na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). No ano 2002 publicou a súa primeira obra coa editorial galega edicións Lea. Nesta obra iníciase a súa carreira no eido da investigación no ámbito da psicomotricidade, Educación Física e deporte en idade escolar, publicando preto de 100 artigos científicos e diferentes obras[1], participando ademais en múltiples proxectos de investigación.

No 2008 acada unha praza de profesor na Universidade da Coruña na Facultade de Educación, onde exerce como docente na actualidade[2].

É autor dun blog sobre Educación, Innovación e Emprendemento [3] no cal publica artigos de interese para a comunidade educativa. Recibiu numerosos premios vinculadas a boa práctica docente, entre os que destacan o Premio EDUCA ABANCA Mellor Docente de España 2017 [4]e o Premio SIMO Educación Mellor Experiencia de Innovación e Gamificación educativa 2019[5].

Numerosos medios de comunicación fixéronse eco das metodoloxías innovadoras utilizadas co seu alumnado, entre as que destacan Aprendizaxe-Servizo [6], gamificación ou adaptacións didácticas de famosos programas de TV como MasterChef (España)[7], Peking Express [8], First Dates [9], series famosos como La casa de papel [10] ou de videoxogos como Fortnite [11] ou Clash Royale [12].

No eido da investigación dirixe a Unidade de Investigación no Deporte Escolar, Educación Física e Psicomotricidade[13] e fundador e editor xefe da revista científica Sportis [14] indexada en numerosas bases de datos internacionais.

Participa nalgúns casos de forma ocasional, e noutros periodicamente, como convidado experto para a divulgación de coñecemento no eido da educación en diferentes portais e medios de comunicación, colaborando co diario El Debate de Hoy[15], o programa de radio Voces da Coruña de Radio Voz [16] , o diario ABC [17],[18] ou Faro de Vigo [19][20][21]entre outros.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ensinanza e xogos de predeporte para nenos de curtas idades.(2002[22]) Edicións Lea
  • La construcción del deportista desde la infancia (2012[23]). Sportis.
  • La educación por escenarios. Niños educados 24 horas al día 365 días al año. (2018[24]). Educa.
  • Propuestas pedagógicas en la etapa de 0 a 6 años (2021).[25] Editorial INDE.

Premios recibidos[editar | editar a fonte]

  • 1º Premio EDUCA ABANCA Mellor Docente de España. Categoría Universidade. 2017[26].
  • 1º Premio SIMO Educación Mellor Experiencia de Innovación e Gamificación educativa 2019
  • 9º Finalista Premio EDUCA ABANCA Mellor Docente de España. Categoría Universidade 2019[27].
  • 1º Premio SIMO Educación Mellor Experiencia Innovadora de Educación Superior 2020[28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Víctor Arufe Giráldez". scholar.google.es. Consultado o 2021-01-02. 
  2. "Ficha de Víctor Arufe Giráldez". pdi.udc.es. Consultado o 2022-05-13. 
  3. "Web Personal del Profesor Víctor Arufe - Un blog para el alumnado, profesorado, familias y otros perfiles de personas con curiosidad hacia la educación, la innovación y el emprendimiento". Web Personal del Profesor Víctor Arufe (en castelán). Consultado o 2021-01-02. 
  4. "Ganadores y Finalistas Premios EDUCA ABANCA. Mejor Docente de España". Web Oficial de EDUCA. Plataforma para la mejora de la educación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-02. 
  5. "Un profesor de La Coruña, Premio de Innovación Educativa SIMO por usar Fortnite en sus clases". Neox Games (en castelán). 2019-11-08. Consultado o 2021-01-02. 
  6. Fernández, Enrique de la Torre (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-712-1. 
  7. Arufe-Giráldez, Víctor (2019). "Experiencia didáctica de una adaptación de 3 famosos programas de TV: First Dates, MásterChef y Pekín Express al aula universitaria". Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe., 2019, ISBN 978-84-9749-712-1, págs. 99-116 (Servizo de Publicacións): 99–116. ISBN 978-84-9749-712-1. 
  8. Arufe-Giráldez, Víctor (2019). "Experiencia didáctica de una adaptación de 3 famosos programas de TV: First Dates, MásterChef y Pekín Express al aula universitaria". Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe., 2019, ISBN 978-84-9749-712-1, págs. 99-116 (Servizo de Publicacións): 99–116. ISBN 978-84-9749-712-1. 
  9. Jaraquemada, Luis (2019-11-06). "Metodologías de enseñanza activa | CREA | Profesores Creativos". CREA (en castelán). Consultado o 2021-01-02. 
  10. Rodríguez, Laura (2020-04-06). "Una cuarentena de ficción por un profesor coruñés". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-01-02. 
  11. "Las razones que han llevado a un profesor a adaptar Fortnite para educar a sus alumnos". abc (en castelán). 2019-03-31. Consultado o 2021-01-02. 
  12. "Enseñar en la universidad con MasterChef y First Dates: el revolucionario método del profesor Víctor". El Español (en castelán). 2019-10-10. Consultado o 2021-01-02. 
  13. "Ficha del grupo de investigación". investigacion.udc.es. Consultado o 2021-01-02. 
  14. "Equipo editorial | Sportis. Scientific Journal of School Sport, Physical Education and Psychomotricity". revistas.udc.es. Consultado o 2021-01-02. 
  15. "Página de autor". El Debate de Hoy (en castelán). Consultado o 2021-01-02. 
  16. "«Voces de A Coruña» comienza el año con el objetivo de reforzar su liderato". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-01-21. Consultado o 2021-01-02. 
  17. "«Si tus hijos dicen estas diez frases estás educando bien»". abc (en castelán). 2017-11-10. Consultado o 2021-01-02. 
  18. "Si cumples estas 8 recomendaciones al inicio de curso mejorarás la educación de tus hijos". abc (en castelán). 2018-09-13. Consultado o 2021-01-02. 
  19. Otero, Selina (2020-11-24). "Arufe: "El móvil, por la noche, mejor fuera de la habitación"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-02. 
  20. Vigo, Faro de. ""Sí que se puede jugar al Fortnite sin engancharse" - Faro Educa". www.faroeduca.es (en inglés). Consultado o 2021-01-02. 
  21. Vigo, Faro de. "Elige el videojuego según la edad - Faro Educa". www.faroeduca.es (en inglés). Consultado o 2021-01-02. 
  22. "Arufe Giráldez, Víctor (1979-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2021-01-02. 
  23. "Arufe Giráldez, Víctor (1979-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2021-01-02. 
  24. Arufe Giráldez, Víctor. (2017). La educación por escenarios: niños educados 24 horas al día 365 días al año : 83 claves para la buena educación. A Coruña: Educa. ISBN 978-84-948288-2-9. OCLC 1148196150. 
  25. "EDITORIAL INDE - Propuestas pedagógicas en la etapa de 0 a 6 años". www.inde.com. Consultado o 2021-03-03. 
  26. "Ganadores y Finalistas Premios EDUCA ABANCA. Mejor Docente de España". Web Oficial de EDUCA. Plataforma para la mejora de la educación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-02. 
  27. "Ganadores y Finalistas Premios EDUCA ABANCA. Mejor Docente de España". Web Oficial de EDUCA. Plataforma para la mejora de la educación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-02. 
  28. "Ganadores 2020 | SIMO EDUCACIÓN". www.ifema.es (en castelán). Consultado o 2022-05-13.