Usuario:Elisardojm/Traballiños Wiki10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí hai unha serie de traballos sinxelos que se poden realizar para ir aumentando as edicións no día do aniversario da Wikipedia en inglés, 15 de xaneiro de 2011.

Case todos estes traballos están indicados no Portal da comunidade, pero nesta páxina imos tentar explicar un pouco máis polo miúdo como facelos para axudar ós editores con menos experiencia.

Os editores que queran poden engadir máis tarefas ou organizar a páxina da forma que crean conveniente, todo para facilitar ó máximo posible a tarefa dos novos editores.

O máis doado: corrixir erros ortográficos[editar | editar a fonte]

Normativa oficial do galego
Índice
  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

A forma máis doada de comezar a editar é corrixir os erros ortográficos que hai nas páxinas da Galipedia. E os erros ortográficos nun proxecto deste tipo andan coma pola súa casa, hainos de toda raza e cor, temos castelanismos, lusismos, hipergaleguismos, arcaísmos e moito máis ;), así que aquí hai traballo a punta pala!!.

Esta tarefa está centralizada nas páxinas de Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións e de Wikipedia:Erros_de_ortografía_revisados. A primeira é unha lista dos erros que hai que ir revisando, que xa se atoparon ou que se poderían atopar na Galipedia, contén o termo incorrecto e a súa forma correcta. Esta lista non é completa e a medida que se atopan poden engadirse novos termos. A segunda lista é un lugar para ir anotando o estado de avance das correccións. Aquí anótanse as revisións que xa están feitas firmado ó carón de cada termo.

Os pasos que podemos seguir con este traballo son os seguintes:

  1. Consultar a páxina de seguimento e escoller o termo que queramos amañar.
  2. Poñer o termo na caixa de procuras e pulsar o botón de Procurar.
  3. Revisar cada unha das páxinas da consulta para ver si é preciso cambiar a palabra ou non.
  4. Si hai que corrixir a palabra, pulsar a pestana de editar e amañala.
  5. Poñer unha descrición adecuada na caixa de resume de edición (p.e: Amañando termo_incorrecto -> termo_correcto).
  6. Pulsar o botón de Mostrar a vista previa para comprobar que o cambio quedou correctamente.
  7. Pulsar o botón de Gardar a páxina para que o cambio quede feito.
  8. Cando rematemos de amañar tódolos erros desa palabra podemos actualizar a páxina de seguimento do proxecto firmando ó seu carón.

Consideracións que debemos ter en conta:

Esta tarefa é doada pero tamén é moi monótona porque hai que facer un traballo repetitivo e tedioso, ademais de que a cantidade de traballo a realizar é grandísima. O bo que ten é que nos permite atopar centos de páxinas interesantes da Galipedia, é unha forma sinxela de ir coñecendo a estrutura dos artigos, e ó mesmo tempo vai a axudarnos a mellorar os nosos coñecementos sobre o galego.

Traducións doutras wikis[editar | editar a fonte]

Como a licencia de tódolos proxectos da Fundación Wikimedia é compatible e libre, podemos traducir directamente a información que conteñen para engadila na Galipedia. O único requisito que temos que seguir é que na caixa de resumo de edición (é a caixiña que está xusto enriba dos botóns de Gardar a páxina, Mostrar a vista previa e Mostar os cambios) temos que indicar que a edición é unha tradución e tamén o artigo de onde se traduce. É boa idea incluír ademais do nome do artigo a versión concreta que se traduce. Isto último non é obrigatorio pero é moi útil xa que así a referencia para o futuro será totalmente exacta. Para coñecer a versión dun artigo hai que pulsar na pestana de Historial, nesa páxina sae a lista de modificacións que se fixeron no artigo, si pulsamos na que estamos traducindo (xeralmente a última) premendo no enlace que ten a data e hora da revisión, mostraranos esa versión da páxina e copiando a dirección que aparece no explorador xa chega para referenciar esa versión.

Uns exemplos de resume de edición:

Consideracións:

  • Ter coidado de non introducir erros típicos das traducións, por exemplo si traducimos un texto da wikipedia en castelán fixarse moito de non usar castelanismo, si traducimos algo da wikipedia en inglés hai que ter tino cos falsos amigos, os anglicismos e outros erros comúns de tradución.
  • Non se permite usar tradutores automáticos para engadir texto á Galipedia xa que a calidade destas traducións deixan moito que desexar. O que queira usalos pode facelo sempre e cando revise e corrixa tódolos erros antes de trasladar eses textos á Galipedia.
  • Non vos esquezades de poñer no resumo de edición que é unha tradución e o artigo de onde se colleu
  • Si traducimos só un apartado ou apartados tamén é conveniente indicalo no resume
  • Antes de gardar o artigo hai que darlle un repaso pulsando o botón de Mostrar vista previa.
  • Pode ser de utilidade revisar o artigo usando esta ferramenta, é un corrector ortográfico que funciona bastante ben.

Aumentar os artigos pequenos[editar | editar a fonte]

Hai que facer engordar os artigos pequenos. Hai moitos artigos que van medrando pouco a pouco, un editor pode comezalo un día con catro ou cinco liñas, logo outro mete outras catro e amaña a estrutura. Poden pasar semanas ou meses ata que outro usuario se fixe en el e lle meta o dente pero así funciona a wiki, e así pouco a pouco pode chegar a ser un artigo de calidade, co esforzo de todos.

E como o obxectivo da Galipedia é ter a máxima calidade temos que ir traballando nos artigos máis pequenos para que vaian medrando. O que podemos facer con estes artigos é revisar os que pertenzan ás categorías dos temas que coñezamos para ir engadindo información neles. Outra posibilidade é traducir doutras wikis o seu contido e incluír nos artigos as partes que lle falten.

Así que o artigo conteña información abondo podemos quitar a etiqueta de {{esbozo}}.

Cando atopes algún artigo que sexa moi pequeno tamén lle podes poñer ese indicador pero tenta indicar a área á que pertence o artigo para que sexa máis doado atopalo dentro da categoría dos esbozos. Por exemplo usa {{Historia en progreso}}, {{cine en progreso}}, etc, a lista completa de subcategorías permitidas está ó comezo da páxina da categoría. Por outra banda é moito mellor para o proxecto que mellores un artigo coa etiqueta de esbozo a que poñas dez etiquetas.

Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011[editar | editar a fonte]

Este proxecto está feito, principalmente, para mellorar, actualizar e unificar o formato de tódolos artigos dos concellos de Galicia para que estean preparados para as próximas eleccións municipais do mes de maio.

Hai 315 concellos en Galicia polo que este proxecto ten moito traballo por diante que se organiza na súa páxina de seguimento. Esta páxina ten dividido o choio en distintos apartados para facilitar o traballo dos galipedistas. Pode escollerse unha tarefa e aplicala a tódolos concellos ou pode traballarse nun concello concreto e facer no seu artigo tódalas tarefas, ó gusto do galipedista :).

É conveniente que cando remates unha tarefa poñas o marcador {{OK}} no seu lugar correspondente para que o resto de galipedistas saiban que xa está feita. Nas tarefas que non están completas debes poñer {{NOK}} para que a xente saiba que xa foi revisada pero que non se puido completar.

Para todas estas tarefas podes usar a lista de concellos que está na páxina de seguimento.

Vexamos as tarefas máis doadas:

  • Fotos: O obxectivo principal desta tarefa é conseguir que tódolos artigos dos concellos teñan polo menos unha foto. Din que unha foto vale máis que mil palabras así que... :).
Hai que ir revisando os artigos da lista e tentar atopar unha foto con licencia libre para engadirlla. Si só hai unha foto dispoñible é preferible poñela no infobox. Si o artigo é moi pequeno non queda moi ben si lle engadimos moitas fotos porque a maquetación queda moi descompensada, é mellor poñer simplemente a foto no infobox, aínda que se pode facer unha galería de fotos si se atopan varias fotos representativas dos lugares ou actividades do concello.
Podemos ir seguindo estes pasos:
  1. Consultar un artigo da lista de seguimento.
  2. Si non ten foto no infobox, ou si a foto non é a da casa concello, debemos consultar as fotos dispoñibles en commons. Para facer isto temos que acceder a esta dirección, e na caixa de busca poñer o nome do concello. Na maioría dos casos en Commons haberá unha categoría co nome do concello para gardar alí as súas imaxes.
  3. Si atopamos unha foto adecuada dese concello temos que poñer o nome do ficheiro no apartado imaxe da infobox Concello deste xeito: [[Ficheiro:NOME_DA_FOTO|300px]]|.
  4. Tamén hai que engadir unha descrición no apartado , rematade a descrición poñendo un punto e final. É moi posible que os apartados imaxe e non se atopen no infobox así que haberá que engadilos. Hai que poñelos igual que os outros campos do infobox, e sin esquecer poñer ó final |.
  5. Ademais diso hai que engadir no apartado Véxase tamén un enlace á páxina de Wikimedia Commons, si é que aínda non o ten e hai fotos alí. Iso faise poñendo {{commonscat|Nomedoconcello}} xusto despois do apartado Véxase tamén. Podedes ver como aquí. Tamén podedes aproveitar e meter os modelos da comarca, da provincia e de Galicia, en caso de que non os teña, igual que no exemplo ({{ConcellosTerraChá}}{{Lugo}}{Véxase}}).
  6. Ó final tedes que poñer na caixa de resumo de edición un texto que describa o que fixéchedes e pulsar o botón de Gardar a páxina.
  7. Logo só queda actualizar a páxina de seguimento, no apartado Foto dese concello.
De existir, é preferible poñer a foto da casa do concello no infobox.
  • Referencias da poboación actual: Os datos da poboación xa están actualizados en tódolos concellos pero non teñen a referencia na maioría dos casos, hai que engadirlla.
Podes seguir estos pasos:
  1. Consultar un artigo da lista de seguimento.
  2. Si non ten referencia ó dato da poboación, hai que atopala e engadila.
  3. Para atopar os datos da poboación do 2009 que nos van servir de referencia, hai que consultar a páxina do IGE, buscar o concello que queremos referenciar e pulsar o botón de Ver ficha.
  4. Logo temos que copiar a dirección á que chegamos para poñela na referencia.
  5. Por último temos que engadir a referencia con isto: <ref name="IGE">{{cita web| url = | title = Información municipal de CONCELLO|accessdate=15 de xaneiro de 2011|author=[[IGE]]}}</ref>. No campo url tes que poñer a dirección que copiaches do IGE.
  6. O texto da referencia hai que poñelo xusto a continuación da cifra da poboación no modelo do Concello. Esta referencia podemos utilizala para outros datos, como por exemplo a superficie, nese caso simplemente temos que engadir ó lado <ref name="IGE"/>, sen necesidade de volver repetir tódolos datos da referencia.
  7. Hai que fixarse en que os datos que contén o artigo coincidan cos da referencia, de non ser así hai que cambiar ese dato no artigo e engadir a referencia.
  8. Ó final tedes que poñer na caixa de resumo de edición un texto que describa o que fixéchedes e pulsar o botón de Gardar a páxina.
Neste caso non fai falta actualizar a táboa de seguimento xa que este dato está actualizado en tódolos concellos.
  • Caixa navegación parroquias: A caixa de navegación das parroquias é un modelo que fai que se inclúan no artigo a lista de parroquias dese concello.
Estos pasos poden axudarche a facer esta tarefa:
  1. Consultar un artigo da lista de seguimento.
  2. Revisar si o artigo ten incluído o apartado de parroquias.
  3. Si non ten o modelo hai que meterllo pulsando a pestana de editar.
  4. Logo facemos un novo apartado titulado ===Parroquias=== e a continuación poñemos o modelo {{nome do concello}}.
  5. Tamén hai que revisar, aínda que isto non estea na táboa de seguimento, que teña o apartado de lugares. Isto é moi doado de facer, só temos que incluír a continuación do apartado de parroquias o seguinte texto: === Lugares === Para unha lista completa de todos os lugares do concello de NOMECONCELLO vexa: [[Lugares de NOMECONCELLO]].
  6. Logo tedes que poñer na caixa de resumo de edición un texto que describa o que fixéchedes e pulsar o botón de Gardar a páxina.
  7. Logo só queda actualizar a páxina de seguimento, no apartado Caixnav parroquias dese concello.
Si queredes ver un exemplo de todas estas tarefas podedes consultar o artigo Abadín.

Meter caixas de Infobox[editar | editar a fonte]

As caixas de infobox son modelos que conteñen os datos básicos do artigo para unha visualización rápida e doada. Hai moitos grupos de artigos que teñen estas caixas, por exemplo os concellos que xa vimos antes, os ríos, os países, os políticos, etc, e os que quedan por facer!. Aquí está a categoría de tódolos modelos. O caso é que non tódolos artigos desas categorías teñen posto o infobox, co cal hai que revisar os seus artigos e hai que poñerlla ós que lle falte.

Hai infobox de moitos tipos e cores, pero para comezar podemos centrarnos nos máis doados de usar, coma por exemplo o dos Ríos.

Sigue estes pasos para engadir o infobox de ríos:

  1. Consulta os artigos da categoría Categoría:Ríos de Galicia ata atopar un que estea sen infobox.
  2. Mira no artigo si tes os datos para encher o infobox.
  3. Si non tes os datos para poñer no infobox mira o seguinte artigo. Si tes os datos, pulsa o enlace editar.
  4. Engade o infobox ó comezo da páxina, copiando e pegando o texto que hai ó final deste apartado.
  5. Enche os datos do infobox que atopes no artigo.
  6. Dálle ó botón de Mostrar a vista previa.
  7. Si o artigo aparece correctamente visualizado e cos datos correctos pulsa no botón de Gardar a páxina.
  8. Segue así ata que non queden artigos sen infobox na categoría.
  9. Si rematas os artigos desta categoría podes pulsar na categoría Categoría:Ríos e seguir revisando as súas subcategorías..., o traballo non remata nunca na Galipedia!!, pero de cando en vez tamén imos de festa! ;).

Podes facer o mesmo cos artigos da categoría de Categoría:Praias galegas e outros.

{{Río
 | nome              = 
 | imaxe             = 
 | lenda             = 
 | nace              = 
 | altitude da fonte = 
 | lonxitude         = 
 | caudal medio      = 
 | conca             = 
 | país              = 
 | desemboca         = 
}}

Facer artigos solicitados[editar | editar a fonte]

Esta é unha tarefa máis complicada así que hai que facela con tino..., pero non lle teñades medo!! :). No Portal da comunidade hai unha lista de artigos solicitados. Poden facerse artigos dos solicitados, cun texto redactado por nós ou traducido doutras wikipedias. Podemos facer algún artigo dalgún tema que coñezamos, sempre falta algún artigo...:).

Tamén hai unha lista nesta páxina que contén artigos de galegos que teñen artigo noutros proxectos pero faltan na Galipedia, co cal poden crearse de forma doada traducíndoos desas outras wikis.

Volvo repetir que hai que facer unha tradución de calidade e que hai que poñer unha referencia ó artigo orixinal no resumo de edición tal e como se indicou máis enriba.


Saúdos, bo traballo e boa estadía na Galipedia.


Participantes Aniversario 10 anos de Wikipedia[editar | editar a fonte]

Os que participen nos eventos de Culleredo e Ribadeo poden apuntarse coa súa firma aqui abaixo para que vaian practicando. Si queredes podedes poñer un comentario para a posteridade, e logo firmar:

Saúdos a todos e non paredes de editar!. --Elisardojm (conversa) 22:11, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

--vilachan 11:43, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

--Amparo 11:45, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:46, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Participantes CambRed 2011[editar | editar a fonte]

Os que participen no Taller de edición da Galipedia da CambRed 2011 poden apuntarse coa súa firma aqui abaixo para que vaian practicando. Si queredes podedes poñer un comentario para a posteridade, e logo firmar: