Turquesa
| Turquesa | |
|---|---|
| Turquesa pulida | |
| Fórmula química: | CuAl6(OH)8(PO4)4·4H2O |
| Clase: | Fosfatos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Triclínico |
| Cor: | Azul, turquesa e verde |
| Brillo: | Resinoso |
| Dureza: | 5-6 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Inexistente |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 2,6-2,8 g/cm3 |
A turquesa (do francés pierre turquoise, pedra turca) é un mineral da clase dos fosfatos cuxa fórmula química é CuAl6(OH)8(PO4)4·4H2O e que presenta unha cor turquesa moi característica.
Índice |
Aspecto [editar]
A turquesa adoita aparecer en forma de agregados amorfos e masivos e rara vez se presenta en forma de cristais. A súa coloración vai da azul á verde pasando pola turquesa, a súa cor máis característica.
Lugares onde se atopa [editar]
É frecuente atopar turquesa recheando os buracos e fisuras das rochas ricas en aluminio, sobre todo se interveñen no proceso de formación solucións fosfatadas. A turquesa asóciase en ocasións coa limonita e o cuarzo criptocristalino.
Os Estados Unidos e Irán son dous importantes explotadores de turquesa. En España podemos atopar este mineral en Cáceres, cunha cor azul intensa moi apreciada polos coleccionistas.
Usos da turquesa [editar]
A turquesa é unha pedra semipreciosa moi apreciada no mundo da xoiería por ser escasa e moi valorada pola súa cor como pedra ornamental.
Outros fosfatos [editar]
Outros minerais nos que a presenza de fósforo é destacada son:
O apatito e a piromorfita.