Tupolev Tu-154

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tupolev Tu-154
KMV Avia Tu-154.jpg
Tupolev Tu-154
Tipo pasaxeiros
Fabricante Tupolev
Primeiro voo 4 de outubro de 1968
Introducido 9 de febreiro de 1972
Estado en servizo
Produción 1968 - 2006
Construídos 1.025

O Tupolev Tu-154 (apodado Careless pola OTAN) é un avión de pasaxeiros ruso, trimotor e de rango medio. Foi deseñado a mediados dos 60 para substituír aos Tu-104 e pode dicirse que é o equivalente ruso ao Boeing 727. Fixo o seu primeiro voo en outubro de 1968 e entrou en servizo coa aeroliña Aeroflot en febreiro de 1972.

Foi a base de moitas aeroliñas soviéticas durante décadas, chegando a realizar unha sexta parte dos servizos realizados no mundo e transportando á metade dos pasaxeiros de Aeroflot e as súas subsidiarias. Tamén foi operado por 17 aeroliñas non soviéticas e por varias forzas aéreas e foi o avión estándar nas liñas internas de Rusia e entre as repúblicas ex-soviéticas ata mediados da década dos 2000.

Cunha velocidade de cruceiro de 975 km/h, o Tu-154 é un dos avións civís máis rápidos en servizo e ten un alcance de 5.280 quilómetros. Capaz de operar dende aeródromos de terra e grava, é usado en from unpaved and gravel airfields, utilízase nos territorios árticos do norte de Rusia, onde as instalacións son moi básicas. Cunha vida útil de 45.000 horas, pero capaz de voar 80.000 con actualizacións, agádase que continue operando ata o ano 2016, aínda que as regulacións de ruído fixeron que os servizos cara Europa occidental se restrinxisen. En xaneiro do 2010, a aeroliña rusa Aeroflot anunciou a retirada dos seus Tu-154 despois de 40 anos, realizando o seu último voo o 31 de decembro do 2009 entre Ekaterinburg e Moscova. En decembro do 2010, Uzbekistan Airways tamén declarou que deixaría de operar o modelo en 2011 debido á gran cantidade de accidentes do avión. En marzo do 2011 a Oficina Federal Rusa de Aviación recomedou a retirada de todos os Tu-154M do servizo.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Tu-154 desenvolveuse para satisfacer as necesidades de Aeroflot que precisaba substituír o reactor Tupolev Tu-104, e os turbohélices Antonov An-10 e Ilyushin Il-18. Os requerimentos pedían un avión que fose capaz de cargar entre 16 e 18 toneladas, cun alcance de entre os 5.000 e os 7.000 quilómetros e cunha velocidade de cruceiro de ao redor dos 850 km/h. Tamén se estipulou unha distancia de despegue de 2.600 metros co peso máximo ao despegue do avión. Conceptualmente era semellante ao británico Hawker Siddeley Trident, que voou por vez primeira en 1962, e ao Boeing 727, que voou en 1963. O Ministro Soviético da Industria Aeronáutica elexíu o Tu-154, xa que incorporaba o último no deseño aeronáutico soviético e cumpriron amplamente as necesidades de Aeroflot durante os anos 70 e 80.

O primeiro xefe do proxecto foi Sergey Yeger, pero en 1964 Dmitryi S. Markov asumíu ese cargo. En 1975 pasaría a ocupalo Aleksandr S. Shengardt.

O primeiro voo do Tu-154 realizouse o día 4 de outubro de 1968. As primeiras entregas a Aeroflot tiveron lugar en 1970, comezando os seus servizos, como avión de correos inicialmente, en maio de 1971, e xa con pasaxeiros en febreiro do ano seguinte. Houbo unha produción limitada do modelo 154M ata xaneiro de 2009, aínda que anteriormente se anunciara que a fabricación rematara no 2006. Costruíronse 1.025 Tu-154, 214 dos cales aínda estaban en servizo en decembro do ano 2009.