Tupolev Tu-104

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tupolev Tu-104
Tu-104A.JPG
Tu-104A no museo Kbely, en Praga
Tipo Pasaxeiros
Fabricante Tupolev
Introducido Aeroflot
Estado Retirado
Principais usuarios Aeroflot
Construídos Ao redor dos 200

O Tupolev Tu-104 (alcumado pola OTAN como Camel) foi un avión de pasaxeiros de dous motores e medio rango soviético. Despois do británico de Havilland Comet e do canadense Canadian Avro Jetliner, o Tu-104 foi o terceiro reactor de pasaxeiros en voar e o primeiro en facer un servizo regular.

O seu deseño xestouse combinando unha nova fuselaxe de grande diámetro coa cola, as ás e os motores do bombardeiro Tu-16 Badger. O feito de non ser un deseño totalmente novo acelerou o seu proceso de desenvolvimento, e fixo o seu primeiro voo o 17 de xuño de 1955, entrando en servizo coa aeroliña rusa Aeroflot en setembro de 1956.

A configuración de clase mixta permitía levar 50 pasaxeiros e as versións de clase única chegaban ata os 80. Versións posteriores, como o alongado Tu-104B, chegaban ás 100 prazas.

Calcúlase que se construíron uns 200 exemplares, servindo a meirande parte deles en Aeroflot. O único usuario estranxeiro do Tu-104 foi a aeroliña checoslovaca CSA, que empregou seis avións entre 1957 e 1980.