Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Antonov An-10 Ukraina é un avión de transporte comercial de catro turbohélices de orixe soviético fabricado por Antonov entre 1952 e 1972. Tan só foron construídos 104 [1] exemplares deste aparello.
Produción e Historia [editar]
O Antonov An-10 produciuse simultaneamente cunha versión de carga, o Antonov An-12 do cal construíronse máis de 1.200 exemplares. O aparello foi deseñado para poder ser operado en aeroportos non preparados.
Logo dun accidente debido a falta de maniobrabilidade no despegue, retiráronselle as aletas estabilizadoras e o avión foi redeseñado como An-10A. A capacidade para o trasporte de pasaxeiros aumentou ata 110 prazas. O modelo foi retirado do servizo en 1972 tras un accidente que revelou unha debilidade na súa estrutura da base alar. Ao mesmo tempo o seu xemelgo o An-12 que compartía un 90 % dos seus compoñentes co An-10 mostrouse moi robusto e aínda continúa en servizo en moitos países. Tras a retirada do Antonov An-10, o aparello foi substituído polo Ilyushin Il-18 e o Antonov An-24, e máis tarde polo Tupolev Tu-134.
Operadores [editar]
Unión Soviética
- Izdeliye U
- An-10
- An-10A
- An-10AS
- An-10TS
- An-10KP
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]