Tunjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tunjos no Museo do Ouro, Bogotá
Tunjo zoomorfo no Museo do Ouro.

Un tunjo (do muisca: chunso)[1] é unha pequena figura antropomorfa ou zoomorfa elaborada polo pobo muisca como parte da súa arte. Os tunjos facíanse con ouro ou con tumbaga; unha aliaxe de ouro, prata e cobre. Os muiscas empregaban os tunjos en varios aspectos da súa relixión e estas pequenas ofrendas votivas foron descubertas en diversos lugares do Altiplano Cundiboyacense, Colombia. Os tunjos eran ofrecidas para comunicarse cos deuses e cando os muiscas querían os favores das súas deidades.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Os tunjos eran pequenas figuras que representaban persoas, deidades da relixión muisca ou animais. Empregábanse con tres obxectivos; como ornamentos nas tumbas de persoas de diferentes estamentos sociais, como decoración nas entradas dos templos e santuarios, e como figuras rituais nas lagoas e ríos sagrados dos muiscas.[3]

Foron descubertos na lagoa de Guatavita, no río Bosa; na parte oeste do río Bogotá e en varios outros lugares sagrados para os muiscas. Tamén foron atopados algúns dentro de covas.[4] No ano 2001, un labrego atopou tres tunjos en Carmen de Carupa, Cundinamarca.[2] Outras figuras moi semellantes foron atopadas en Valle del Cauca, no sur de Colombia.[3] Os pijaos tamén facían tunjos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]