Tundama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTundama
Biografía
NacementoII milenio Editar o valor em Wikidata
Confederación muisca Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1539 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Duitama Editar o valor em Wikidata
Paisaxe de Duitama, asentamento de Tundama.

Tundama, nado no século XV e finado en Duitama en decembro de 1539 foi un cacique da Confederación muisca, unha aliana de gobernantes dos muiscas que habitaron nas terras altas centrais (Altiplano Cundiboyacense) dos Andes de Colombia. A cidade de Tundama, no presente coñecida como Duitama, e a provincia de Tundama, en Boyacá, reciben este nome polo cacique. Tundama gobernou nos territorios do norte dos muiscas, sometidos posteriormente polos conquistadores españois.

Tundama foi asasinado en decembro de 1539 baixo un gran martelo de Baltasar Maldonado. O seu sucesor, coñecido como Don Juan foi asasinado pouco despois, rematando o reinado dos muiscas no Novo Reino de Granada, o nome das actuais Colombia e Venezuela no Imperio Español.

O coñecemento sobre Tundama foi recompilado polo estudoso Lucas Fernández de Piedrahita.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]