Trygve Bratteli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trygve Bratteli.ogg Trygve Martin Bratteli , nado o 11 de xaneiro de 1910 en Nøtterøy e finado o 20 de novembro de 1984, foi un político noruegués do Partido Laborista.

Na súa xuventude traballou en diversos oficios como obreiro da construción, cazador de baleas e mensaxeiro, membro das mocidades do Partido Laborista foi editor do Folkets Frihet de Kirkenes desde 1937. Nomeado secretario do Partido Laborista durante a invasión nazi foi arrestado en 1942 e sobreviviu en diversos campos de concentración. Liberado en 1945, foi elixido vicepresidente do seu partido, membro do Storting desde 1950, presidente do Partido Laborista desde 1965 foi primeiro ministro de Noruega entre 1971 e 1972 e de 1973 a 1976.

O seu libro de memorias sobre as súas experiencias nos campos de concentración, Fange i natt og tåke (1980), vendeu máis de 180.000 exemplares.