Tratado de metafísica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tratado de metafísica
Título orixinalTraité de Métaphysique
Autor/aVoltaire
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)Filosofía
EditorialUniversidade de Santiago de Compostela
Data de pub.1734
2002 (en galego)
editar datos en Wikidata ]

Tratado de metafísica (Traité de métaphysique) é unha obra de Voltaire composta cara á metade de 1734, sendo retocada varias veces entre 1734 e 1738. Ocupa un lugar capital no pensamento de Voltaire e refírese aos grandes problemas da metafísica. Foi traducida ao galego en 2002.

Análise da obra[editar | editar a fonte]

Capítulo I. Das diferentes especies de homes[editar | editar a fonte]

Aquí fala das distintas especies de animais: elefantes, leóns, monos... ata os humanos. A diferenza máis grande dun home con respecto ó resto das feras é, entre outros aspectos, a linguaxe que empregan. O home ten as mesmas necesidades que outros animais: nace, vive e morre, porén, este ten uns ideais, entre eles a razón. Dentro da especie humana hai distintas clases de homes. Non é o mesmo un home branco ca un de cor. Estes non teñen un físico parecido, non comparten as mesmas costumes, teñen culturas diferentes...

Capítulo II. Se hai un deus[editar | editar a fonte]

Ás veces é necesario a presenza dun ser superior, dun Deus. Tratamos de imaxinar como é e cales son as súas calidades. Porén, esta existencia non é necesaria para todos. Hai pobos que non teñen fe en ningún Deus. A noción de Deus vaise adquirindo pouco a pouco dependendo da educación que cada un reciba, xa que nunca se nace con esta noción.

  • Sumario de razóns a favor da existencia de Deus. Os motivos que levan a pensar na existencia dun Deus son: o home está feito de órganos, dun corpo que funciona correctamente (uns ollos para ver, uns oídos para escoitar...). Isto só pode ser obra dun ser superior. E este ten que ser eterno para poder seguir creando máis seres. Se algo existe ten que haber algo que sempre existiu e que é necesario. Este é Deus. Todo está subordinado a el. O movemento non existía antes xa que non é esencial á materia, polo que esta recíbeo de fóra sendo obra de Deus.
  • Dificultades sobre a existencia. Deus non é deste mundo pero foi el o creador del. Pero de onde o sacou, do nada, del mesmo? Non temos a idea de creación. Dubidamos se o fixo necesariamente ou libremente. Se o creou necesariamente, é que esta era unha necesidade eterna. Se o fixo libremente demóstranos que el, que é infinitamente poderoroso e intelixente, agardou unha eternidade para facer uso do seu poder. A estrutura do universo é mostra dun poder intelixente. Se todo neste mundo ten vida pensante e sentinte é mostra de que existe un ser superior.
  • Resposta a estas obxecións. Para que a creación fose imposible sería necesario probar que é imposible que haxa un Deus. É necesario a presenza dun ser libre, todopoderoso, intelixente... É intelixente porque creou todo do nada. Ten todas as perfecións para facer todo o mellor posible sen que o feito sexa máis perfecto cá causa. Dicir que a materia que usou é unha pura negación e unha limitación. Deus creou o espírito e a materia sen ser el nada disto. Deus é libre e non o sería se estivese sempre determinado por unha razón abundante e se a súa vontade non lle servira. Toda a natureza ten que estar sometida a un primeiro motor que sexa a causa de todo. Falando de inxustiza ou de crueldade isto é imposible de explicar tanto no sistema da materia como nun dun Deus. Non se pode dicir que Deus é inxusto ou xusto nin dicir que sexa azul ou cadrado. Non podemos reprochar a Deus dos aspectos que nós consideramos negativos porque se son así é por algo.
  • Consecuencias necesarias da opinión dos materialistas. É necesario pensar que o mundo existe necesariamente e por si mesmo. Os materialistas defenden que o movemento é esencial á materia. É necesario que aseguren que non hai ningunha liberdade, e que destrúan, deste xeito, todos os lazos da sociedade, e que crean nunha fatalidade tan difícil de comprender coma a liberdade, mais que eles mesmos desminten na práctica.

Capítulo III. Que todas as ideas chegan polos sentidos[editar | editar a fonte]

As ideas procédenos dos sentidos. Axudan a dar explicación ós distintos fenómenos. Ó orgullo humano interésalle crer nunha hipótese enxeñosa, que ten nunha primeira ollada certo aspecto de verosimilitude; o espírito sérvese de toda a súa sagacidade para defendelos. Primeiramente é necesario facer unha análise de todo para de seguido chegar a unha conclusión e á explicación dos fenómenos. Fálase das ideas de Deus, de infinito.. como ideas comúns para todos. Porén, isto é falso, porque non todos cren nun Deus. É indubidable que as nosas primeiras ideas son as sensacións. Recibimos as ideas a través dos nosos órganos, e as retén a nosa memoria. Despois as ideas xerais compoñémolas e dispoñemos as nosas ideas. Así xorden os nosos coñecementos. A idea de infinito non se pode apreciar cos sentidos. Esta idea xurdiu engadindo unhas cousas materiais a outras e vendo que non coñecerían xamais a fin das súas contas. A esta impotencia chamárna "infinito". Que máis ben é unha ignorancia. Outra dúbida e como pensamos e como sentimos. Os noso sentidos non nos permiten acceder a este coñecemento, polo que isto mostra que todas as ideas nos chegan polos sentidos e estas fallan cando nos fallan os sentidos. As nosas percepcións non son causadas nin polos obxectos nin por nós mesmos, senón que é Deus quen nos dá as ideas. Deus actúa en todos os seres.

Capítulo IV. Que hai, en efecto, obxectos exteriores[editar | editar a fonte]

Os nosos sentidos proporciónanos as ideas, pero o noso entendemento pode percibilas sen que haxa ningún obxecto fóra, como cando soñamos. Os noso sentidos enganan na vixília. Falando con propiedade só temos un sentido que é o do tacto. Todos os demais dependen deste. Por que me queimo cando toco o lume e por que non cando o toco en soños?

Capítulo V. Se o home ten unha alma e que poida esta ser[editar | editar a fonte]

Nós somos materia e pensamos e sentimos. Somos obra dun Deus. Pero non podemos saber como é a nosa alma. Para coñecer esta hai que se basear nunha análise. Obsérvase que os órganos son iguais en todos os homes sexan da raza que sexan. Foi deus o que nos deu eses compoñentes que nos permiten coñecer as ideas. Dise que o home é superior ós demais animais. Xa que ten unha alma espiritual e mortal. O seu pensamento é composto da materia pero non se pode dividir, entón non é un composto da materia, simplemente é obra dun Deus. Entón a alma só é propia do home porque este foi creado a imaxe e semellanza del. Deus comunicou outras propiedades á materia como son o movemento, a gravitación... Chégase á conclusión de que na natureza todos os feitos xorden por unha causa. Esta actúa tanto nas bestas coma nos homes en proporción ós seus órganos sendo un principio común ós homes e ás bestas e sendo atributo dado por Deus. Dicir que a alma pensa sempre. De que está feita a alma é algo que o ser supremo non quixo confesar.

Capítulo VI. Se o que se chama alma é inmortal[editar | editar a fonte]

Dicimos que os homes e os animais reciben as ideas pero tamén se di que os homes poden acceder ás ideas sen precisar dos sentidos. Afírmase que Deus conserva as almas daqueles que xa morreron. El lembra as ideas que tiña onte e que no seu entendemento une a súa existencia de onte e de hoxe. Sen perder a esencia do home que é cada un. Igual que alguén que perde a memoria por un accidente segue sendo o mesmo home cando a recupera.

Capítulo VII. Se o home é libre[editar | editar a fonte]

A liberdade é o mellor que pode ter un home provocando varias dificultades para gozar dela. A liberdade é o poder de actuar. Ó demostrar a existencia de Deus este é a causa da miña liberdade. Senón sería todo o contrario. Querer e actuar é o mesmo de ser libre. Deus mesmo quixo e actuou por vontade propia. El é eterno, existe por si mesmo e deunos a liberdade que sentimos igual que a vida. A liberdade de Deus é o poder de pensar sempre todo o que se quere e de operar sempre o que se quere. A liberdade dada por Deus ó home é o poder feble, limitado e pasaxeiro de se aplicar a algúns pensamentos e de operar certos movementos. É certo que existen homes máis libres que outros debido a que nos somos todos igualmente ilustrados. A liberdade é saúde da alma, e pouca xente ten esta saúde enteira. Fortificamos a nosa alma facendo reflexións e evitando movementos involuntarios. Mais non somos sempre libres porque se non seriamos Deuses. Só Deus sabe o que acontecerá e isto non está en poder do home. Sabemos que se Deus existe, el sábeo todo.

Capítulo VIII. Do home considerado como un ser sociable[editar | editar a fonte]

Deus conserva a cada individuo un certo tempo e perpetúa a súa especie. O home non é empurrado polo seu instinto a formar unha sociedade civilizada. Pero quen o obriga son as necesidades, as súas paixóns e a súa razón. O home sente amor polos da súa especie e este axuda a convivir. Tamén hai os que se queren só a si mesmos sen importarlles causarlle mal ós demais. Dise que o home fóra simplemete unha estatua modelada por deus que despois foi animada polo demo. Pero está claro de que temos paixóns e necesidades que deus nos deu para que usemos na nosa vantaxe.

Capítulo IX. Da virtude e do vicio[editar | editar a fonte]

Para que unha sociedade sobreviva son necesarias leis. Estas dependen das paixóns, dos intereses e das opinións daqueles que as inventaron e da natureza do clima no que os homes se uniron en sociedade. O que impota e que as leis feitas se executen. A virtude e o vicio son o útil e prexudicial dunha sociedade. A virtude é o hábito de facer cousas que gustan ós homes, e o vicio o hábito de facer cousas que os desgustan. Todos amamos a verdade, polo que esta é unha virtude. Deus puxo os animais e os homes sobre a terra e son eles os encargados de dirixila e dirixirse a si mesmos. Só unha boa educación leva ó home a ter honra, que é un sentimento universal que nin se quera os corruptores se poden desfacer sendo a base da sociedade.

Resumo[editar | editar a fonte]

En definitiva, esta obra ofrece argumentos sobre a existencia ou inexistencia de Deus, da inmortalidade da alma e da natureza do home, da orixe dos seus coñecementos e da súa condición social e moral. Resalta de Voltaire a sinceridade de quen fala consigo mesmo na procura de respostas a algunhas das preguntas cruciais para a condición humana, sempre coa lucidez como criterio único, como era de agardar dun dos principais abandeirados do movemento ilustrado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Votaire (2002). Tratado de metafísica. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-932470-5-7.