Porvoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPorvoo
Porvoo (fi)
Borgå (sv) Editar o valor em Wikidata
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 60°23′35″N 25°39′50″L / 60.3931, 25.6639Coordenadas: 60°23′35″N 25°39′50″L / 60.3931, 25.6639
EstadoFinlandia
Axencia RexionalFinlândia Meridional (pt) Traducir
RexiónUusimaa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación51.464 (2024) Editar o valor em Wikidata (78,62 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa
lingua sueca (lingua minoritaria) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Porvoo Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie654,56 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano lexislativoPorvoo City Council (en) Traducir , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06100 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Ventspils
Viljandi (pt) Traducir
Viimsi (pt) Traducir
Hancock (pt) Traducir
Surgut (pt) Traducir
comuna da Tyresö (pt) Traducir
concello de Lund (1945–)
Viborg (pt) Traducir (1950–)
Hamar (pt) Traducir (1953–)
Dinkelsbühl (1961–)
Dalvík (1978–)
Kamień Pomorski (pt) Traducir (1988–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webporvoo.fi Editar o valor em Wikidata

Porvoo (en sueco Borgå) é unha cidade de Finlandia. Está situada no sur do país, na rexión de Uusimaa, aínda que foi a capital da rexión de Uusimaa Oriental ata o 2011, ano no que as dúas rexións se fusionaron. No censo de 2012, a cidade ten unha poboación de 49.026 habitantes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A cidade recibe o seu nome dunha fortaleza sueca próxima ao río Porvoonjoki, río que atravesa a cidade. O nome Porvoo é a versión finesa do nome sueco Borgå, e as súas partes borg significa "castelo" e å "río".[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira mención que se ten de Porvoo nun documento data de inicios do século XIV. A localidade recibiu o título de cidade no ano 1380, pese a que, de acordo con algunhas fontes, a fundación oficial como cidade pode fixarse no ano 1346. Na Idade Media era un lugar de descanso importante do Camiño do Rei, tamén coñecido como Gran Camiño da Costa.

A cidade vella de Porvoo foi oficialmente desestablecida en favor da nova cidade en 1997, cando Porvoo-cidade e a municipalidade rural de Porvoo foron consolidadas.[2]

A sede do episcopado de Viborg mudouse a Porvoo cando aquela cidade pasou de mans suecas a rusas no ano 1721. Nesa época, Porvoo era a segunda fubesa cidade en extensión.

Logo da conquista de Finlandia por parte das forzas rusas en 1808 (acabando co dominio sueco de Finlandia), a cidade xunto co resto do país, pasou a formar parte do Gran Ducado de Finlandia (baixo control ruso) no ano 1809, de acordo co tratado de Fredrikshamn.

A Dieta de Porvoo de 1809 foi un fito na historia de Finlandia. O tsar Alexandre I confirmou a nova constitución finesa (que en esencia era a vella constitución sueca para Finlandia do ano 1772), a cal cedía autonomía ao Gran Ducado de Finlandia.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. "Porvoon matkailu - Yleistä Porvoosta". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]