Topoloxía de rede
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
| Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
A topoloxía de rede é a disposición física na que se conectan os nodos dunha rede de ordenadores ou servidores.Estes computadores poden conectarse de moitas e moi variadas maneiras. A conexión máis simple é un enlace unidireccional entre dous nodos. Pódese engadir un enlace de retorno para a comunicación en ámbolos sentidos. Os cables de comunicación modernos normalmente inclúen máis dun cable para facilitar isto, ainda que redes moi simples baseadas en buses teñen comunicación bidireccional nun só cable.
A topoloxía de rede determínaa a configuración das conexións entre nodos. A distancia entre os nodos, as interconexions físicas, as taxas de transmisión e/ou os tipos de sinais non pertencen á topoloxía da rede, aínda que poden verse afectados pola mesma.
Índice |
[editar] Redes centralizadas
A topoloxía en estrela reduce a posibilidade de fallo de rede conectando todos os nodos a un nodo central. Cando se aplica a unha rede baseada en bus, este concentrador central reenvía todas as transmisións recibidas de calquera nodo periférico a todos os nodos periféricos da rede, algunhas veces mesmo ao nodo que o enviou. Todos os nodos periféricos se poden comunicar cos demais transmitindo ou recibendo do nodo central somente. Un fallo na liña de conexión de calquera nodo co nodo central provocaría o illamento dese nodo respecto aos demais, pero o resto de sistemas permanecería intacto.
Se o nodo central é pasivo, o nodo orixe debe ser capaz de tolerar un eco da súa transmisión. Unha rede en estrela activa ten un nodo central activo que normalmente ten os medios para previr problemas relacionados co eco.
Unha topoloxía en árbore (tamén coñecida como topoloxía xerárquica) pode ser vista como unha colección de redes en estrela ordenadas nunha xerarquia. Esta árbore ten nodos periféricos individuais (por exemplo follas) que requiren transmitir e reciber doutro nodo somente e non necesitan actuar como repetidores ou rexeneradores. Ao contrario que nas redes en estrela, a función do nodo central pódese distribuír.
Como nas redes en estrela convencionais, os nodos individuais poden ficar illados da rede por un fallo puntual na ruta de conexión do nodo. Se falla un enlace que conecta cun nodo folla, ese nodo folla fica illado; se falla un enlace cun nodo que non sexa folla, a sección enteira fica illada do resto.
Para aliviar a cantidade de tráfico de rede que se necesita para retransmitir todo a todos os nodos, desenvolvéronse nodos centrais máis avanzados que permiten manter unha listaxe das identidades dos diferentes sistemas conectados á rede. Estes switches de rede “aprenderían” como é a estrutura da rede transmitindo paquetes de datos a todos os nodos e observando de onde veñen os paquetes resposta.
[editar] Descentralización
Nunha topoloxía en malla, hai polo menos dous nodos con dous ou máis camiños entre eles. Un tipo especial de malla, na que se limite o número de saltos entre dous nodos, é un hipercubo. O número de camiños arbitrarios nas redes en malla fainas máis difíciles de deseñar e implementar, pero a súa natureza descentralizada fainas moi útiles.
Un rede totalmente conectada ou completa é unha topoloxía de rede na que hai un enlace directo entre cada parella de nodos. Nunha rede totalmente conexa con n nodos, hai
enlaces directos. As redes deseñadas con esta topoloxía normalmente son caras de instalar, pero son moi fiábeis grazas aos múltiples camiños polos que os datos poden viaxar. Vense principalmente en aplicacións militares.
[editar] Híbridas
As redes híbridas usan unha combinación de dúas ou máis topoloxías distintas de tal maneira que a rede resultante non ten forma estándar. Por exemplo, unha rede en árbore conectada a unha rede en árbore segue sendo unha rede en árbore, pero dúas redes en estrela conectadas entre si (o que se coñece como estrela estendida) mostran unha topoloxía de rede híbrida. Unha topoloxía híbrida sempre se produce cando se conectan dúas topoloxías de rede básicas. Dous exemplos comuns son:
- Rede de estrela en anel, consta de dúas ou máis topoloxías en estrela conectadas mediante unha unidade de acceso multiestación (MAU) como hub centralizado.
- Unha rede de estrela en bus, consta de dúas ou máis topoloxías en estrela conectadas mediante un bus troncal (o bus troncal funciona como a espiña dorsal da rede).
Mentres que as redes en reixa atoparon o seu sitio en aplicacións de computación de alto rendemento, algúns sistemas utilizaron algoritmos xenéticos para deseñar redes personalizadas que teñen o menor número posíbel de saltos entre nodos distintos. Algunhas das estruturas de redes resultantes son case incomprensíbeis, aínda que funcionan abondo ben.
Podemos considerar tres aspectos pra considerar unha topoloxía:
- A topoloxía fisica é a disposición real das maquinas, dispositivos de rede e cableado na rede.
- A topoloxía lógica é a forma na que as maquinas comunícanse a través do medio físico. Os dous tipos máis comúns de topoloxías lóxicas son:
- Broadcast(Ethernet)
- Transmisión de tokens (Token Ring)
- A topoloxía matemática: mapas de nodos e enlaces, a miúdo formando patróns.
- Os principais modelos de topoloxía son:
- Topoloxía de bus
- Topoloxía de anel
- Topoloxía de anel dobre
- Topoloxía en estrela
- Topoloxía en estrela estendida
- Topoloxía en árbore
- Topoloxía en malla completa
- Topoloxía de rede celular
- Topoloxía irregular
[editar] Principais modelos de topoloxía
[editar] Topoloxía de bus
A topoloxía de bus ten os nodos conectados directamente a un enlace e non ten ningunha outra conexion entre nodos. Fisicamente cada host está conectado a un fío común, o que dá lugar a que poidan comunicarse directamente, aínda que a ruptura do fío pode facer que os hosts queden desconectados.
A topoloxía de bus permite que os dispositivos da rede poidan ver todas as sinais dos demais dispositivos, o que pode ser ventaxoso se se desexa que os dispositivos obteñan esa información. Non obstante pode representar unha desventaxa, xa que é común que se produzan problemas de tráfico e colisións, que se poden paliar segmentando a rede en varias partes. É a topoloxía máis común en pequenas LAN, con hub o switch final nun dos seus extremos.
[editar] Topoloxía de anel
- Unha topoloxía en anelo componse de un solo anelo cerrado formado por nodos e enlaces,no que cada nodo esta conectado unicamente cos dous nodos adyacentes.
- Os dispositivos conéctanse directamente entre eles por medio de fíos nos que se denomina una cadena margarita. Pra que a información poida circular,cada estación debe transferir a información a estación adyacente.
[editar] Topoloxía en anel dobre
- Unha topoloxía en anel dobre consta de dous aneis concéntricos, onde cada host da rede está conectado a ambos aneis, aínda que os dous aneis non están conectados directamente entre eles. Este segundo anel conecta os mesmos dispositivos para incrementar a confiabilidade e a flexibilidade da rede.
A topoloxía de anel dobre actúa como se se tratase de dous aneis independientes, dos que se usa soamente un por vez.
[editar] Topoloxía en estrela
Esta topoloxía ten un nodo central desde o que irrádianse todos os enlaces hacia o resto dos nodos. Pol o nodo central,xeralmente ocupado por un hub,pasa toda a información que viaxa pola rede.
A ventaxa principal é que permite que os nodos comuníquense entre eles de manera conveniente. A desventaxa é que si o nodo central ten unha avaría, avaríase toda a rede.
[editar] Topoloxía en estrela extendida
- A topoloxía en estrela extendida é como a topoloxía en estrela,con a diferencia de que cada nodo que conectase co nodo central tamén é o centro de outra estrela.Xeralmente, o nodo central está ocupado por un hub o switch,e os nodos secundarios polos hubs.
- A ventaxa disto e que o cableado é máis corto e limita a cantidade de dispositivos que débense interconectar con cualquier nodo central.
[editar] Topoloxía en árbore
- Esta topoloxía e similar a topoloxía en estrela extendida,salvo que non ten nodo central. En cambio, un nodo de enlace troncal, xeralmente ocupado por un hub o switch, desde o que se ramifican os demáis nodos.
- O enlace troncal é un cable con varias capas de ramificacions, e o fluxo da información é xerárquico. Conectado no outro extremo o enlace troncal xeralmente encóntrase o host servidor.
[editar] Topoloxía en malla completa
- Cada nodo se enlaza directamente cos outros nodos. A ventaxa é que, como cada todo conéctase directamente os demás,creando unha conexion redundante,si algún enlace deixa de funcionar,a información podo circular a través de cualquier cantidad de enlaces hasta llegar a destino. Ademais,esta topoloxía permite ca información circule por varias rutas a través da rede.
- A desvantaxe física principal é que so funciona con unha pequena cantidade de nodos,xa que do contrario a cantidade de medios necesarios pra os enlaces, e a cantidade de conexiones cos enlaces tórnase abrumadora.
[editar] Topoloxía de rede celular
- A topoloxía celular está composta por áreas circulais o hexagonais, cada unha das cales ten un nodo individual no centro.
- A ventaxe deste tipo de topoloxía é que non existe ningún medio tanxible aparte da atmosfera terrestre o do baleiro do espazo exterior (e dos satélites).As desventaxas son que as señais se encuentran presentes en cualquier lugar da celda e, de ese modo, poden sufrir disturbios e violacions de seguridade.
- Como norma, as topoloxías basadas en celdas intégranse con outras topoloxías,xa sexa que usen a atmosfera ou os satélites.
[editar] Topoloxía irregular
- Neste tipo de topoloxía non existe un patrón obvio de enlaces e nodos. O cableado non sigue un modelo determinado; dos nodos salen cantidades variables de fíos. As redes que se encontran nas primeiras etapas de construción, o se encontran mal planificadas, a meudo conéctanse desta maneira