Switch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avaya ERS 2550T-PWR, conmutador Ethernet de 50 portos.

Dende hai tempo, a necesidade de interconectar ordenadores é primordial. Comezouse co uso dos hub ou concentradores, que o único que facían era xuntar fisicamente tódalas liñas que lle chegaban, coa única particularidade de que as amplificaba. É dicir, se tiña doce entradas e lle chegaba un dato por unha delas, este devolvía ese dato, amplificado, polas outras once.

Máis adiante, este obsoleto dispositivo evolucionou, e chamouse switch ou conmutador. Trátase dunha matriz intelixente, que lendo a MAC (enderezo físico da tarxeta de rede do equipo), saberá por que saída manda-lo dato (amplificado tamén).

Esta distinción evita a saturación doutras liñas e equipos, xa que a chegada dun dato non desexado a un equipo fai que este teña que collelo, le-la MAC de destino (na tarxeta de rede) e rexeitalo. Ademais, ó estar ocupada a liña, pode haber colisións.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Primeiro[editar | editar a fonte]

Supoñamos que acendemos toda unha sala de ordenadores e co switch. Cando os equipos comecen a enviar datos, o switch non saberá cal é o enderezo MAC da tarxeta do equipo que entra por cada porto (debemos recordar que cada equipo se conecta a un porto de conmutador switch). Polo tanto, non lle queda outro remedio máis que funcionar como un hub ordinario, repetindo o dato por tódalas súas saídas.

Segundo[editar | editar a fonte]

Ó entrar un dato por un porto, o switch lerá a MAC de orixe e anotará na súa táboa a correspondencia entre ese porto e a MAC lida. Como xa se sixo, o switch difunde o dato como un hub. A información chegara a tódolos equipos conectados. Ós que non lles interese (non son os destinatarios) rexeitarano, mentres que os outros elaboran unha resposta.

Terceiro[editar | editar a fonte]

O switch recibe agora, por un (ou máis) dos seus portos unha resposta. Agora xa poderá introducir na súa táboa a relación entre eses portos e as MAC de orixe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]