Concentrador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hub»)
Un concentrador ethernet de catro portos.

Un concentrador é un dispositivo encargado de distribuír información nunha conexión entre varios dispositivos de telecomunicación, por exemplo entre ordenadores. Neste caso, distribúe os accesos aos recursos de rede dos dispositivos a el conectados.

HUB ou Concentrador[editar | editar a fonte]

Un hub ou concentrador é un dispositivo que permite centralizar a cablaxe dunha rede. Traballa na capa física do modelo de OSI, repetindo o sinal recibido nun porto a cada un dos outros portos (pero non ó orixinal). Os Hubs transmiten un sinal denominada “jam signal” a todos os portos se se descobre unha colisión.

Os Hubs a miúdo veñen con conectores BNC ou AUI para permitir a conexión herdada a segmentos de rede 10base2 ou 10base5. A dispoñibilidade de switches ethernet económicos en gran parte deixou os Hubs anticuados pero aínda están presentes en instalacións antigas e para usos específicos.

Información técnica[editar | editar a fonte]

Unha rede de Ethernet de Hub compórtase como un medio compartido, que é un dispositivo que pode transmitir ó mesmo tempo que detecta o host responsábel da colisión e retransmitir. A necesidade de hosts para ser capaz de descubrir colisións limita o número de Hubs e o tamaño total da rede. Para unha rede de 10 Mbit/s, son permitidos até 5 segmentos (4 Hubs) entre dúas estacións terminais. Para unha rede de 100 Mbit/s, redúcese o límite a 3 segmentos (2 Hubs) entre dúas estacións terminais calquera. Algúns Hubs teñen portos especiais que lles permiten ser combinados de tal forma que se poden encadear máis Hubs a través de cabos de Ethernet, pero aínda así unha rede de Ethernet Rápida require “switches” que eviten os límites de encadeamento de Hubs.

A maior parte de Hubs descobren problemas típicos, como colisións excesivas sobre portos individuais, e particionan o porto, desconectándoo do medio compartido. Así, Ethernet baseada en Hub é xeralmente máis robusta que Ethernet baseada en cable coaxial, onde un dispositivo que non funciona correctamente pode inutilizar o segmento enteiro. Mesmo se un porto non é particionado, un Hub pode solucionar o problema máis facilmente xa que as luces de estado indican a fonte do problema ou, como última instancia, os dispositivos poden ser desconectados dun Hub un por un moito máis fácil que no caso do cable coaxial.

Hubs de velocidade dual[editar | editar a fonte]

Nos primeiros días da Ethernet Rápida, os “switches” de Ethernet Rápido eran dispositivos relativamente caros. Non obstante, os Hubs sufrían un problema xa que como simples repetidores só poderían soportar unha velocidade simple. Mentres que os ordenadores persoais con fendas de ampliación poderían ser mellorados á Ethernet rápida cunha placa de rede nova, os ordenadores con menos mecanismos de expansión ou ningún poderían ser moi caros de mellorar ou mesmo imposíbeis de mellorar. Entón apareceu un compromiso entre un Hub e un “Switch” coñecido como Hub de velocidade dual. Este dispositivo divide a rede en dous segmentos, cada un actúa como unha rede de hub na súa velocidade respectiva, cun “switch” de dous portos entre eles. Polo tanto permiten mesturarse as dúas velocidades sen o custo dun “Switch” de Ethernet rápido.

Utilidade[editar | editar a fonte]

A razón principal pola que se adquiría Hubs en vez de “switches” era polos prezos. Isto en gran parte foi eliminado pola redución do prezo dos “switches”, pero os Hubs aínda poden ser útiles en circunstancias especiais:

  • Un analizador de protocolo conectado a un “switch” non sempre recibe todos os paquetes desexados xa que o “switch” separa os portos en segmentos diferentes. A conexión do analizador de protocolo a un Hub permite ver todo o tráfico sobre o segmento.
  • Cando un “switch” é accesibel para usuarios finais que fan conexións, por exemplo, nunha sala de conferéncias, un usuario inexperto ou descoidado pode derribar a rede conectando dous portos xuntos, causando un lazo. Cando usamos un Hub e causamos un lazo, o lazo romperá a outros usuarios conectados ao Hub pero non ao resto da rede.
  • Un hub barato cun porto 10BASE2 é probabelmente o modo máis barato e máis fácil de conectar dispositivos que só soportan 10BASE2 a unha rede moderna.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]