Sinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boia de sinalización marítima
Sinal no porto de Ribadeo

Un sinal (Gl-sinal.ogg pronunciación ) é un símbolo, un xesto ou outro tipo de signo que informa ou avisa de algo. O sinal substitúe polo tanto á palabra escrita ou á linguaxe. Os sinais obedecen a convencións, polo que son facilmente interpretados.

Cando se trata de símbolos, os sinais están colocados en lugares visibles e están realizados normalmente en diversas cores e formas. No caso dos xestos, os sinais son feitos polas persoas mediante as mans e os brazos. Tamén hai sinais consistentes en bandeiras, empregadas sobre todo na navegación marítima, e sinais luminosos, como os dos faros nas costas.

Así mesmo, un sinal pode ser tamén a variación dunha corrente eléctrica ou outra magnitude que se emprega para transmitir información. Por exemplo, en telefonía, existen diferentes sinais, que consisten nun ton continuo ou intermitente, nunha frecuencia característica que permite coñecer ó usuario en qué situacion se atopa a chamada.

Tipos de sinais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]