Too Pure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Too Pure
Compañía naiBeggars Group
Fundado en1990
FundadorRichard Roberts e Paul Cox
DistribuidorasBeggars Group
Xénero(s)rock alternativo
OrixeInglaterra Inglaterra
LocalizaciónLondres

Too Pure foi un selo discográfico intependente inglés baseado en Londres e fundado en 1991 por Richard Roberts e Paul Cox. A etiqueta gañou fama tras o lanzamento do álbum de estrea de PJ Harvey, Dry, en 1992,[1] e posteriormente conseguiu máis éxitos a finais dos 90 e principios dos 2000 con traballos de artistas de indie rock como Mclusky e Electrelane.

Too Pure pasou a ser parte do Beggars Group, que mercou a meirande parte do selo, e en 2008 os seus principais artistas foron transferidos a 4AD, tamén parte do grupo.[2] A discográfica continuou funcionando como un servizo de suscrición mensual chamado Too Pure Singles Club que finalmente sería pechado en 2017 tras 120 lanzamentos.[3]

Artistas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Too Pure - Vinyl, CDs & Books". Rough Trade (en inglés). Consultado o 2023-12-10. 
  2. "Too Pure". Discogs (en inglés). Consultado o 2023-12-10. 
  3. "10 years, 120 releases and countless DIY bands - the story of Too Pure Singles Club". Loud And Quiet (en inglés). Consultado o 2023-12-10.