Tito Pérez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTito Pérez Pérez
Biografía
Nacemento1983 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalEnxeñería Técnica Industrial en Electricidade
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e narrativa
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Tito Pérez Pérez, nado na Coruña en 1983, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixes lucenses, do lugar de San Martiño do Picato no concello de Guntín, Tito Pérez naceu na Coruña.[1] Durante a súa infancia e mocidade residiu no barrio de Monte Alto e estudou no colexio Salesianos da Coruña. Titulouse en Enxeñaría Técnica Industrial en Electricidade pola Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.[2]

Malia o seu perfil profesional, dende a adolescencia medrou fascinado polas grandes novelas de finais do século XIX e principios do XX, en particular por obras de autores rusos como Maxim Gorki, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi, Boris Pasternak ou Mikhail Sholokhov. Do mesmo xeito viuse influído polo cine clásico, principalmente polo neorrealismo italiano.

Participou en varios números da Revista Atenea do Ateneo Ferrolán.[2]

Ao rematar a carreira traballou de enxeñeiro ata que as circunstancias da crise económica do 2008 o obrigaron a emigrar a Londres onde traballou como camareiro e mozo de carga. De volta a Galiza compaxinou o seu labor como escritor co traballo de teleoperador e enxeñeiro freelance.

Practicou atletismo afeccionado nos clubs Ría de Ferrol e Marineda e fútbol no Orzán S.D.

Obras[editar | editar a fonte]

Relatos[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Versus cianuro, poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.[6] Poesía.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]