The Lost Thing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Lost Thing
Autor/aShaun Tan
Ilustrador/aShaun Tan
OrixeAustralia Australia
Linguainglés
Xénero(s)Narrativa
EditorialLothian Books
Data de pub.2000
Páxinas32
ISBN978-0-7344-1138-9
editar datos en Wikidata ]

The Lost Thing (en galego A cousa perdida) é un libro escrito e ilustrado por Shaun Tan, publicado no ano 2000, que tamén foi adaptado nunha curtametraxe de animación gañadora dun Oscar.[1]

Trama[editar | editar a fonte]

Está ambientado nun futuro próximo, en Melbourne, Australia. The Lost Thing é unha historia sobre un rapaz que desfruta recollendo tapóns de plástico para a súa colección de tapas de botellas. Un día, mentres recollía os tapóns de plástico preto da praia, descobre unha estraña criatura, que parece ser unha combinación dunha caldeira industrial, un cangrexo e un polbo. Isto é o que o narrador denomina the lost thing.

O neno dáse de conta de que a criatura se perdera e intenta atoparlle o dono pero non o consegue debido a indiferenza dos demais.

Filme de 2010[editar | editar a fonte]

No ano 2010, o libro foi adaptado nunha curtametraxe de 15 minutos dirixida por Shaun Tan e Andrew Ruhemann e narrada por Tim Minchin. Gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 83ª edición dos premios.[2] Foi nomeada ós Premios Hugo no 2011.

Foi producido por Sophie Byrne con Passion Pictures Australia[3] e animado polos artistas Tom Bryant e Leo Baker. Tom Bryant traballou dende Escocia, mentres Leo Baker traballou dende Melbourne. O filme estivo en desenvolvemento por varios anos, pero levou tres anos de traballo a tempo completo para completalo, entre 2007 e 2010.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Byrne, Fiona (28 de xaneiro de 2011). Herald and Weekly Times, ed. "Shaun Tan takes his Lost Thing to LA". Consultado o 22 de febreiro de 2011. 
  2. BBC News, ed. (25 de xaneiro de 2011). "Oscar nominations 2011 in full". Consultado o 25 de xaneiro de 2011. 
  3. Screen Australia, ed. (28 de febreiro de 2011). "The Lost Thing wins the Oscar for Best animated Short". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2011. 
  4. Adriene Hurst, THE LOST THING - LOST AND FOUND Arquivado 22 de abril de 2015 en Archive.is, Digital Media World, 14 December 2010.
  5. Bill Desowitz, The Oscars: Finding 'The Lost Thing', Animation World Network, 18 February 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]