Tiempo de morir (filme de 1985)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tiempo de morir
Ficha técnica
Título orixinalTiempo de morir
DirectorJorge Alí Triana
ProdutorGloria Zea
GuiónGabriel García Márquez
IntérpretesGustavo Angarita
María Eugenia Dávila
Sebastián Ospina
MúsicaLeo Brouwer
Nafer Durán
FotografíaMario García Joya
MontaxeNelson Rodríguez
EstudioFocine (Colombia)
Icaic (Cuba)
DistribuidoraFocine
EstreaFestival de Cinema da Habana: 1985
15 de abril de 1986
Duración94 minutos
Orixe Colombia
Cuba
XéneroWestern
Orzamento300 000 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0090173 Filmaffinity: 988188 Allmovie: v153978 Editar o valor em Wikidata

Tiempo de morir é un filme colombiano de 1985 dirixido por Jorge Alí Triana e protagonizado por Gustavo Angarita, María Eugenia Dávila e Sebastián Ospina.[2] O guión, escrito por Gabriel García Márquez, foi rodado dúas veces antes deste filme, primeiro en 1965 polo director mexicano Arturo Ripstein, e en 1982 tamén por Jorge Alí Triana nunha serie de televisión producida por RTI Producciones.

Usando o estilo do western, o filme aborda temas como o machismo, a honra de familia e a vinganza.[3] Foi escollido como candidato colombiano ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 59ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]

Tiempo de morir foi moi ben acollido pola crítica e foi considerado un dos mellores filmes colombianos da década de 1980, xunto con Cóndores no entierran todos los días e Milagro en Roma.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Gustavo Angarita como Juan Sayago
  • María Eugenia Dávila como Mariana
  • Sebastián Ospina como Julián Moscote
  • Jorge Emilio Salazar como Pedro Moscote
  • Reynaldo Miravalles como Casildo
  • Enrique Almirante como o alcalde
  • Lina Botero como Sonia
  • Nelly Moreno como prostituta
  • Carlos Barbosa como o doutor
  • Héctor Rivas como Don Tulio
  • Edgardo Román como Diego
  • Lucy Martínez como Rosa
  • Mónica Silva como nai de Sonia
  • Luis Chiappe como o barbeiro
  • Alicia de Rojas como criada de Mariana
  • Giovanni Vargas como fillo de Mariana
  • Berta Catano como Dolores
  • César Ambalema como policía

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Semana (6 de xaneiro de 1986). Semana, ed. "Tiempo de morir". Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  2. Fundación Patrimonio Fílmico Colombiano, Largometrajes Colombianos En Cine y Video: 1915–2004 p. 107
  3. 3,0 3,1 Schwartz, Latin American Films, p. 241
  4. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fundación Patrimonio Fílmico Colombiano. Nieto, Jorge (edit), Largometrajes Colombianos En Cine y Video: 1915-2004, Fundación Patrimonio Fílmico Colombiano, Ministerio de Cultura, 2006, ISBN 9589551025
  • Schwartz, Ronald. Latin American Films, 1932 -1994: A critical filmography, Mc Farland & Company, Londres, 1997, ISBN 0786422262

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]