Thomas de Thaey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas de Thaey
Imortal LuziGás
Información persoal
Nacemento 4 de marzo de 1993 (31 anos)
Bélxica Dendermonde, Bélxica
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Universidade North Carolina State
NBA Draft 2014 / Rolda: Sen draftear
Internacional Categorías inferiores
Carreira 2012−presente
Historial de equipos
BC Oostende (2012–2013)
Kangoeroes Willebroek (2013–2014)
Antwerp Giants (2014–2015)
Leuven Bears (2015−2016)
Okapi Aalstar (2016–2017)
Timba Timișoara (2017)
Orchies (2018)
Oliveirense (2018–2019)
Breogán (2019–2020)
Oliveirense (2020–2021)
Melilla (2021–2022)
Imortal LuziGás (2022−presente)

Thomas de Thaey, nado o 4 de marzo de 1993 en Dendermonde, Flandres Oriental, é un xogador profesional de baloncesto belga. Formado na universidade de North Carolina State, cunha altura de 2,03 m xoga na posición de ala-pivote para o Imortal LuziGás da Liga Portuguesa de Basquetebol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Dendermonde, Flandres Oriental, De Thaey formouse na Canarias Basketball Academy e na Universidade de North Carolina State, onde competiu cos Wolfpack da NCAA. Con experiencia no baloncesto belga, romanés e francés, na campaña 2018−2019 asinou co Oliveirense. No equipo de Oliveira de Azeméis conseguiu gañar a Liga, onde fixo unha media de 14,8 puntos, 7,8 rebotes, cun 70% en tiros de campo e un 86% en tiros libres en 36 partidos, a Copa (onde foi nomeado mellor xogador) e a Supercopa. O 13 de xullo de 2019 anúnciase a súa incorporación ao Leite Río Breogán.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]