Thomas Jane
| Thomas Jane | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Thomas Jane no Comic Con do 2007. |
||||||||||||
| Nacemento | Thomas Elliott III 23 de febreiro de 1969 Baltimore, Maryland, |
|||||||||||
| Profesión | Actor, guionista, produtor e director de cine (1986-presente) |
|||||||||||
| Cónxuxe(s) | Aysha Hauer (1989-?) Patricia Arquette (2006-2011) |
|||||||||||
| Fillo(s) | Harlow Olivia Calliope | |||||||||||
| Páxina web oficial | ||||||||||||
| Ficha na IMDb | ||||||||||||
|
||||||||||||
Thomas Jane, nado como Thomas Elliott III o 23 de febreiro de 1969 en Baltimore, Maryland, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Deep Blue Sea (1999), The Punisher (2004), e a adaptación cinematográfica de The Mist (2007) de Stephen King. Actualmente actúa na serie de televisión Hung.
Índice |
Biografía [editar]
É fillo de Cynthia, unha traballadora dun anticuario, e Michael Elliott, un enxeñeiro bioxenético.[1][2] Jane graduouse no ano 1987 na Thomas Sprigg Wootton High School no Condado de Montgomery, Maryland.
Traxectoria [editar]
De sempre se sentiu atraído pola comedia, e é por iso que fixo o seu debut como actor no teatro, incluíndo All My Sons, de Arthur Miller, e The Glass Menagerie do famoso dramaturgo Tennessee Williams.
Porén, Jane entrou na gran pantalla co filme indio en lingua telegúa Padamati Sandhya Ragam (1986), dirixida por Jandhyala. A partir do seu primeiro papel como Zeph en Buffy the Vampire Slayer (1992) conseguiu papeis secundarios en varios filmes destacados, incluíndo The Crow (1996), Boogie Nights (1997), The Thin Red Line (1998), Thursday (1998) e Magnolia (1999). Dous anos máis tarde, actuou con Gene Hackman e Monica Bellucci en Under Suspicion e a comedia romántica The Sweetest Thing.
A pesar de que apareceu en Dreamcatcher, unha adaptación dunha novela de Stephen King, e da súa carreira anterior; Jane é principalmente coñecido por interpretar a Frank Castle en The Punisher (2004), baseado no cómic de Marvel. Dende entón, a súa carreira como actor toma repouso até o ano 2008, cando interpreta, por segunda vez, un heroe de Stephen King na adaptación de Frank Darabont The Mist.
Dende o 2009, interpreta o papel principal na serie de televisión Hung. O seu personaxe Ray Drecker é un adestrador de baloncesto e pai divorciado de dous adolescentes que se atopa na obriga de explotar sexualmente o seu corpo para poder subsistir.
Filmografía [editar]
Actor [editar]
| Filme | |||
|---|---|---|---|
| Ano | Filme | Personaxe | Notas |
| 1986 | Padamati Sandhya Ragam | Chris | Filme indio Telugu/inglés |
| 1992 | I'll Love You Forever... Tonight | O buscavidas | |
| Buffy the Vampire Slayer | Zeph | ||
| Nemesis | Billy | ||
| 1994 | At Ground Zero | Thomas Quinton Pennington | |
| 1996 | The Crow: City of Angels | Nemo | |
| 1997 | The Last Time I Committed Suicide | Neal Cassady | |
| Face/Off | Burke Hicks | ||
| Boogie Nights | Todd Parker | ||
| 1998 | Thursday | Casey | |
| The Velocity of Gary | Gary | ||
| Zack and Reba | Sparky Stokes | ||
| The Thin Red Line | Pvt. Ash | ||
| 1999 | Deep Blue Sea | Carter Blake | |
| Molly | Sam | ||
| Junked | Switch | ||
| Magnolia | Jimmy Gator | ||
| 2000 | Jonni Nitro | Brack | |
| Under Suspicion | Detective Felix Owens | ||
| 2001 | Original Sin | Billy / Walter Downs / Mephisto | |
| Eden | Dov | ||
| 2002 | The Sweetest Thing | Peter Donahue | |
| 2003 | Dreamcatcher | Henry | |
| Stander | Andre Stander | ||
| 2004 | The Punisher | Frank Castle | |
| 2006 | The Tripper | Buzz Hall | Produtor executivo |
| 2007 | The Mist | David Drayton | |
| 2008 | The Butler's in Love | O mordomo | |
| Mutant Chronicles | Sarxento "Mitch" Hunter | ||
| Killshot | Wayne | ||
| 2009 | Dark Country | Dick | Director e produtor |
| 2010 | DC Showcase: Jonah Hex | Jonah Hex | Voz |
| Give 'Em Hell, Malone | Malone | ||
| Scott Pilgrim vs. the World | Oficial da Policía Vegana | ||
| 2011 | LOL: Laughing Out Loud | TBA | |
| I Melt with You | Richard | Produtor executivo | |
| 2012 | Samaritan | Grumisch | |
| Sleight of Hand | Tony | ||
| Televisión | |||
| Ano | Título | Personaxe | Notas |
| 1995 | High Tide | Barry | Episodio: Barry |
| 1997 | Hollywood Confidential | Lee | Telefilme |
| 2001 | 61* | Mickey Mantle | Telefilme |
| 2004 | Arrested Development | El mesmo | Episodio: "The One Where They Build a House" |
| 2006 | Medium | Clay Bicks | Episodio: "Four Dreams: Parte 1" Episodio: "Four Dreams: Parte 2" |
| 2009 | Hung | Ray Drecker | |
| Videoxogos | |||
| Ano | Título | Personaxe | Notas |
| 2005 | The Punisher | Frank Castle / The Punisher | Voz |
| GUN | Colton White | Voz | |
Créditos como Director [editar]
| Filme | ||
|---|---|---|
| Ano | Filme | Notas |
| 1999 | Jonni Nitro | Episodio: "Crash and Burn: Parte 2" Episodio: "Crash and Burn: Parte 3" |
| 2009 | Dark Country | |
Créditos como Produtor [editar]
| Filme | ||
|---|---|---|
| Ano | Filme | Notas |
| 2009 | The Tripper | Produtor executivo |
| 2009 | Dark Country | |
Créditos como Escritor [editar]
| Libro | ||
|---|---|---|
| Ano | Libro | Notas |
| 2005–2009 | Bad Planet | |
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Rawstudios (en inglés)