Deep Blue Sea
| Deep Blue Sea | |
|---|---|
| Título orixinal | Deep Blue Sea |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Renny Harlin |
| Produtor | Bruce Berman Akiva Goldsman |
| Guión | Duncan Kennedy Donna Powers Wayne Powers |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Saffron Burrows Thomas Jane Jacqueline McKenzie Stellan Skarsgård Samuel L. Jackson LL Cool J Michael Rapapor |
| Música | Trevor Rabin |
| Fotografía | Stephen Windon |
| Montaxe | Conrad Buff IV James Cameron Richard A. Harris |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Warner Bros |
| Ano | 1999 |
| Duración | 94 minutos |
| País | |
| Xénero | Acción |
| Orzamento | 60 millóns de dólares |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Deep Blue Sea é unha película de 1999 dirixida por Renny Harlin.
[editar] Argumento
Nunha plataforma no medio do mar están investigando con tres quenllas coa intención de descubrir unha cura do alzheimer. Suponse que as quenllas teñen no cerebro un complexo proteínico capaz de rexenerar as neuronas.
A historia comeza cando un home chamado Russell Franklin financia a investigación que estaba a perigar, e se dirixe á plataforma chamada "Acuática" para observala. Dentro da plataforma traballa, entre outros, a científica Susan McAllester, que fixo secretamente agrandar o tamaño dos cerebros das quenllas para que a cantidade do seu complexo proteínico rexenerador sexa maior, mais tamén se volven máis intelixentes ao ter máis masa gris.
Nunha noite de treboada intensa capturan un dos bechos e trasládano a un laboratorio. Alí extraeranlle dita proteína mentres está durmido, mais esperta inesperadamente a arríncalle un brazo a un dos científicos. Chaman un helicóptero para evacuar ao ferido, mais o resultado será catastrófico. O helicóptero lanza un cable que se engancha á padiola onde está o ferido, mais cando o estaba subindo o mecanismo de ascensión avaríase, caendo a padiola co sen brazo na auga, onde se acha unha quenlla que morde o cebo este, facéndolle perder totalmente o control ao helicóptero, que se espeta contra a plataforma estourando todo como se de pólvora se tratara.
As outras persoas baixaran a un andar inferior, onde hai un cristal que unha quenlla, coa padiola e o anterior ferido aínda vivo entre os dentes, rebentará a golpes. Así pois, terán que correr para non ser comestos polos escuálidos nin morrer afogados.
Ao final só hai dous superviventes.
[editar] Elenco
- Thomas Jane - Carter Blake
- Saffron Burrows - Dr. Susan McAlester
- LL Cool J - Sherman Dudley
- Michael Rapaport - Tom Scoggins
- Stellan Skarsgård - Dr. Jim Whitelock
- Samuel L. Jackson - Russell Franklin
- Jacqueline McKenzie - Dr. Janice Higgins
- Aida Turturro - Brenda Williams
[editar] Comentarios
O filme conta cos efectos visuais especiais e de animación da compañía Industrial Light & Magic, entre outras. Ademais, contou cun equipo de cámaras Panavisión, converténdose nunha superprodución.
No filme móstranse varias barbaridades acientíficas.