Coherencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A coherencia textual é a condición que debe presentar todo texto para que poida ser percibido con claridade e sen ambigüidades polo lector.
A coherencia implica que toda mensaxe debe ter as seguintes características:
- Ser comprensible.
- Estar ben estruturada e ordenada en progresión lóxica
- Achegar unha información completa e pertinente.
- Facilitar a lectura ou audición. Debe terse en conta a puntuación, a distribución dos parágrafos; ou a entoación.