A esmorga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A esmorga
Ruta da Esmorga 1-22.jpg
Ourense. Ruta da esmorga. Avenida Zamora.
Autor Eduardo Blanco Amor
Ilustrador Isaac Díaz Pardo
Cuberta Luís Seoane.[1]
País Arxentina
Lingua galego
Colección Colección Mestre Mateo
Biblioteca Blanco Amor
Biblioteca Básica da Cultura Galega
Xénero(s) novela
Editorial Editorial Citania (Buenos Aires)
Editorial Galaxia (Galicia)
Data de pub. 1959 en Buenos Aires [2]
1970 en Galicia
Formato rústica con lapelas
Páxinas 120 (1ª ed.) [3]
ISBN (varias reedicións)
Seguido por Os biosbardos (1964)

A esmorga é unha novela tremendista[4] escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario.

Expediente de censura, 1969.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A novela narra a esmorga de tres personaxes, Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e mais a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro. De feito, é este terceiro, Cibrán, quen lle conta toda a historia ao xuíz, e grazas ao cal coñecemos o sucedido (a súa versión do sucedido). A novela está dividida en cinco capítulos precedidos dun pequeno texto de introdución. A introdución está escrita polo autor do texto principal, que retoma a súa voz tamén nos dous últimos, mentres que a maior parte dos capítulos están postos directamente na voz de Cibrán.

A trama desenvólvese na cidade de Auria, trasunto de Ourense, con diversas referencias a espazos ourensáns reais. As 24 horas da esmorga transcorren en inverno, durante unha xornada de choiva, frío e xeada.

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

  • Cibrán o Castizo (Cipriano Canedo). Traballador das obras da estrada nacional. Na vintena. Orfo de pai, non se leva coa nai, e ten unha parella ocasional (A Raxada) coa que acaba de ter un fillo.
  • Xan o Bocas (Juan Fariña). De profesión descoñecida. Na vintena.
  • Aladio o Milhomes (Eladio Vilarchao). Xastre. Na vintena.

O tempo[editar | editar a fonte]

A aventura narrada n'A esmorga ocorreu 90 anos antes da súa narración, e foi recollida a través dun proceso de investigación de fontes e de documentos.

...púxenme agora a escribir esta crónica, e coasi corenta anos de tere recollida tan lene documentación e a noventa dos sucesos mesmos.[5]

N'A esmorga hai tres tempos diferentes:

  • O tempo da historia: A sucesión de acontecementos que lles suceden ós esmorgantes, e que comprende unhas vinte e catro horas, dende antes do amencer dun luns ata o amencer do día seguinte.
  • O tempo en que se relata: Os diferentes momentos en que Cibrán enuncia o seu relato.
  • O tempo da escrita: Momento previo ó da comunicación literaria (ou tempo da lectura) en que o autor implícito transmite o conxunto da obra.
Ponte das Burgas.

Non hai demasiadas referencias ó transcurso específico do tempo, mais o movemento da acción (a sucesión de lugares e o camiño en que se desenvolve A esmorga) dá unha perspectiva temporal que está moi próxima á do tempo de ficción. Esta é a sucesión de lugares polos que vai pasando a acción:

  • O personaxe do narrador sae da casa da Raxada, máis aló de Mariñamansa, para estar ás sete no traballo. Atopa o Bocas e o Milhomes antes de chegar ó mesón da Cristalina.
  • Taberna da tía Esquilacha (pasa unha hora):
    ...Cando espertaron, a eso dunha hora dempóis, seguía chovendo arreo e o día empardecera aínda máis, como si fora a vir a noite[6]
  • Ponte da urbe (unha hora).
  • Casa dos Andrada. O caño grande da Burga (hora de comer).
  • Pasan o Barbaña, atallan por Salto de Can e chegan ó pazo dos señores do castelo (tarde).
  • Pola tardiña os protagonistas camiñan pola estrada nova nos arrabaldes do Posío
    Apañamos a roupa como poidemos, e aínda non tiñamos metidos os pantalóns, cando aparescéu na porta un cabaleiro de polainas cun vergallo na mau. Recuamos e sortimos pola fiestra baixa que daba ó camiño. Eisí, meio ispidos como estabamos, botamos a alandillar pola encosta do monte e non paramos até o souto dos castiñeiros onde rematamos de vestirnos, baixando logo coasi de rebollós até darmos na carreteira nova. Alí tomamos folgos, descansando un bo anaco. Logo pegando un arrodeo, fomos parar aos arrabaldos do Posío, cerca da ponte da Burga[7]
    . Pasan pola Porta da Aira[8], pola fonte de San Cosme[9] e no barrio da Ferrería[10] deciden ir ver ás prostitutas[11] (é noite).
  • Casa da Monfortina. A presenza do faroleiro mostra que a noite vai avanzada.
    E nestas comezaron a ferrarnos botellazos dende o piso de enriba e vimos que chegaba, con grande troupeleo das zamancas nas losas da rúa, o faroleiro vello, acenando pra nós coa estopa do lume enriba do chuzo [12]
  • Casa de Nonó[13]. Saen á praza da Santísima Trindade,[14] pasan pola praza do Corrixidor[15]. É media noite
    Cando paramos de correr, aló pola praza do Corrixidor, ouvíronse no reló da catedral as badaladas de meia noite[16]
Igrexas e Santa Eufemia.
  • Pasa unha hora. Rúa dos Fornos[17]. Churrería da parroquia.[18] Rúa Tecelán[19]. Rúa do Instituto[20]. Igrexa de Santa Eufemia[21]. Fonte do Rei [22]. Mesón do Roxo[23]. Praza Maior
    Conque ao chegar perto da Praza Maor, oíronse as tres da mañá, no reló da Catedral[24]

Alameda. Calexón da Burga [105]. Casa dos Andrade [107].

Fonte do Rei.
Ponte Maior.
  • Volven sobre os seus pasos ó seren avisados de que a garda civil rolda na estación. Taberna do Sancristán. Leira do Abade das Vellas.[26] Campo das Bestas. Casa de Socorrito a Tola. Amence (pasaron vinte e catro horas).

O tempo real é o do diálogo entre Cibrán e o xuíz. Transcorre en diversos momentos, dentro dunhas 48 horas. Permiten observar isto as alusións temporais dos comezos dos capítulos primeiro, segundo e terceiro, o final do cuarto, e algunha ca outra alusión referente á comida.

O tempo real en relación ós capítulos desenvólvese do seguinte xeito: capítulo 1: hora de comer; capítulo 2: tarde; capítulo 3: mañá-xantar; capítulo 4: tarde e capítulo 5: tarde.

Ó final do 5.º capítulo hai unha referencia importante

. que vai pra dous días que non paso bocado...[27]

O narrador[editar | editar a fonte]

... O galego que eu tiña entón non me servía pra escribir a novela que eu quería, era moi limitado demáis. E eso levóu tempo, claro. Ás veces voltaba sobor das páxinas que levaba escritas e lía en voz alta pra ver a súa musicalidade, o ritmo do idioma que medraba, e non me gostaba, e veña a voltar atrás unha vez e outra. Hai partes de cinco ou seis redaccións até que atopaba o que buscaba...[28]

Na obra non hai identificación entre autor e narrador. O autor só ten presenza nese primeiro texto introdutorio de documentación e nunha declaración asinada; o resto do relato preséntase dende a perspectiva dun narrador protagonista que narra en primeira persoa e que non accede á mente dos outros personaxes agás naquilo que estes deixan entrever polas súas miradas, faccións ou feitos.

Os coñecementos da acción narrativa que o narrador ten proceden así pois dunha perspectiva de "visión con", pois é estando á beira dos outros personaxes como el vai coñecendo os feitos. Pero esta visión, que é a única que se manifesta, está no seu fondo complementada por unha "visión dende fóra", pois o narrador é coñecedor tamén do que lle contan ó autor, dos papeis do xuízo e do que se lles oe ás xentes de Auria entre corenta e noventa anos despois de teren ocorrido os feitos.

A participación nos feitos do personaxe-narrador é a dunha testemuña presencial que se ve implicada nos feitos por un destino fatal. Cibrán o castizo é menos protagonista e máis inocente ca O estranxeiro de Albert Camus. O estranxeiro é un xoguete da forza fatal exercida polo Sol, mais Cibrán éo aínda máis do poder da chuvia que tira por terra o seu propósito de rexeneración. A chuvia íllao, déixao a mercede do pensamento, acaba aniquilándoo e ó mesmo tempo sérvelle de frouxo motivo de xustificación: A choiva tivo moito da culpa (p.51).

Será o día chuviñoso o que o determine a ir cos seus amigos esmorgantes. Os bos propósitos que na fin de semana conviñera coa súa amante quedaron diluídos e foron arrastrados pola chuvia. O traballo como meta de redención resultará imposible de atinxir e será nese ambiente de animadversión meteorolóxica onde comezará o viacrucis dos tres esmorgantes e que acabará no campo das bestas, especie de Gólgota esperpéntico a onde vai parar o lixo da cidade.

Presaxios e final[editar | editar a fonte]

Rúa de Hernán Cortes.

Hai dous elementos que permiten entrever dende o comezo o tráxico final. Son a noite e o lume.

O personaxe principal vive nunha noite "como se fosen moitas noites xuntas". Incluso o día se puxo máis pardo e chuviñoso como se fose vi-la noite (páx. 35).

O mesmo agoiro observaremos no nervioso e impotente dirixir as miradas cara o pazo incendiado (preséntasenos o lume como elemento purificador e de condenación) ou no viño a renxer polo lume cando están a piques dos botar da casa, que outrora fora vista como un paraíso, de Nonó.

Fonte do Rei.

Despois de saír da casa de Nonó aínda pasarán pola fonte do Rei, onde deciden volver á casa dos Andrada. De aí van ó campo das bestas, e só volverá Cibrán o Castizo para servir de narrador da aventura, pero unha vez cumprida a súa misión non se librará do tráxico final dos seus compañeiros, final ó que está predestinado dende un principio e que o autor se encarga de presentar como ambiguo.

Hai dous posibles finais. Un primeiro, o suicidio, viría apoiado pola teima de matarse que ten o protagonista (p. 122, 124). No caso de que se suicidase morrería como un Xudas esperpéntico, traidor á súa redención como home, como ser humano, morrería denigrado como un porco (esta afirmación procede de que "castizo" (páx. 19) é unha voz que se pon en relación cos porcos: ...eu son Cipriano Canedo e me chaman Cibrán ou o Castizo, como vostede goste, pois o meu pai tiña un castizo pra servire porcas, con licenza...).

O segundo posible final é que morra golpeado polos gardas civís. Isto entroncaría coa denuncia social perseguida polo autor que estaría acentuada con trazos tremendistas.

Con este ambiguo final e coa adopción da técnica do diálogo telefónico o autor consegue facer participar ao lector na obra, ó ter que maxinar o interrogatorio e decidir o remate que máis convenza de acordo coa nosa postura ante esas determinadas condicións sociais.

Asemade, a intemporalidade do relato, faino universal e válido para calquera época, polo que a denuncia social da obra adquire vixencia e actualidade.

Homosexualidade[editar | editar a fonte]

É a primeira novela galega onde se aborda claramente unha temática homosexual. Un dos personaxes, Milhomes, está caracterizado polo Cibrán en varias ocasións polos seus trazos efeminados, e sente celos de cando Xan o Bocas está con mulleres. Ademais, tanto o Milhomes como Xan o Bocas xogan en varias ocasións a estimularse, a beliscarse e a tocarse.

Adaptacións e traducións[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

A obra foi levada ao cine co título de Parranda en 1977, con dirección de Gonzalo Suárez e guión do propio Blanco Amor,[29] e, o 15 de novembro de 2014, estreouse A esmorga, con dirección de Ignacio Vilar, no Festival de Cine Internacional de Ourense, e o 21 de novembro en toda Galicia.[30] [31] [32]

Teatro[editar | editar a fonte]

Tamén foi levada ao teatro en diversas ocasións. O grupo ourensán Sarabela Teatro realizou sendas montaxes en 1996 e 2010, sobre a adaptación que escribiron os dramaturgos Begoña Muñoz e Carlos Couceiro. Ambas as dúas montaxes recibiron premios María Casares de teatro.

Traducións[editar | editar a fonte]

Foi traducida:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francisco Mantecón e Manuel Janeiro na edición de 1986; Manuel Janeiro na edición de 2012...
  2. Imaxe da cuberta e da portada orixinais.
  3. Ficha da edición de 2014 na web de Galaxia. 152 páxinas na edición de 1986.
  4. Carta de Ramón Piñeiro a Fernández del Riego o 13 de marzo de 1956 (Dasilva, X. M., "As vicisitudes editoriais d'A esmorga en Grial n.º 184).
  5. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 9.
  6. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 35.
  7. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 71.
  8. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 74.
  9. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 74.
  10. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 75.
  11. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 76.
  12. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 80.
  13. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 81.
  14. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 91.
  15. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 91.
  16. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 91.
  17. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 93.
  18. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 93.
  19. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 93.
  20. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 95.
  21. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 95.
  22. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 98.
  23. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 101.
  24. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 103.
  25. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 121.
  26. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 130.
  27. Blanco Amor, A esmorga, Galaxia, ed. 1996, páx 141.
  28. Freixanes, Víctor F. (1976). Unha ducia de galegos. p. 92. ISBN 84-7154-248-X.
  29. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
  30. «A Esmorga» se estrenará el 21 de noviembre en toda Galicia con 50 copias Diario La Voz de Galicia, 15-09-2014.
  31. «A Esmorga», del papel a los cines de toda Galicia Diario ABC, 21/11/2014.
  32. «A esmorga», a corredoira movie. Diario La Voz de Galicia, 21/11/2014.
  33. "Blanco Amor, Eduardo Modesto" en Dicionario biográfico de Galicia, Tomo 1, p. 114. Ir Indo Edicións, 2010, Vigo.
  34. Imaxe da cuberta de On a bender

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A esmorga
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: A esmorga

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]