Illa Amsterdam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Amsterdam
Vista da illa
AmsterdamIsl Map.png
Datos
Capital
País Francia
Localización Océano Índico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) 60 hab.
Superficie 58 km²
Densidade
Coordenadas 37°50′S 77°31′E / 37.833°S 77.517°E / -37.833; 77.517
Maior Altura 881 m. Mont de la Dives
Localización
Localización  da illa

A illa Amsterdam (algunha vez chamada Nova Amsterdam) é unha pequena illa francesa situada ao sur da océano Índico.

Forma ca illa Saint-Paul, a 85 km máis ao sur o distrito das Illas de Saint-Paul e Amsterdam.

Habítana preto de 30 persoas durante o inverno austral e 60 persoas no verán.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa Amsterdam é unha illa de orixe volcánico cunha superficie de 58 km². A montaña Dives é o punto máis alto con 881 m.

As illas Saint-Paul e Amsterdam son as illas máis afastadas do mundo de toda masa continental.

Climatoloxía[editar | editar a fonte]

Teñen un clima oceánico amornado sen neve nin xeadas pero cun vento constante do oeste. Temperatura media ao abrigo do vento de 16º C cunha máxima absoluta, durante 50 anos, de 26º C e unha mínima de 1´7º C.

A única poboación é a da base científica de Martin de Viviès, de 1949 hai misións científicas con 23 a 35 persoas.

Explótase a pesca da lagosta (Jasus paulensis).

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Presentan un ecosistema fortemente perturbado polo home (caza, deforestación) e estendéronse plantas introducidas como capuchinas e gramíneas.

A vexetación natural é de tipo herbáceo só na illa de Amsterdam atópase unha especie de árbore a Phylica arborea pero en 1980 só quedaban árbores residuais xa que deles se alimentan os bovinos asilvestrados duns rabaños do século XIX.

Replantaronse 7.000 destes tipos de árbores.

Fauna: aves mariñas como un endémico Albatros, o albatros de Amsterdam (Diomedea amsterdamensis)

Mamíferos mariños como o otáridos (Arctocephalus tropicalis) e elefantes de mar e a candorca.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa Amsterdam foi vista por Magalláns e Sebastián Elcano o 18 de marzo de 1522 O gobernador holandés Van Diemen deulle o nome do seu barco Nieuw Amsterdam, en 1633. Pero o primeiro en desembarcar alí foi o holandés Willen de Vlaming en 1696.

As dúas illas foron redescubertas polo polaco Adam Mieroslawski, en 1842. En 1843 Francia tomou posesión. Houbo intentos de explotar as illas para a agricultura e a gandería.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Amsterdam