Kerguelen
| Kerguelen | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Port-aux-Français |
| País | Francia |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 70-110 estacional |
| Superficie | 7.215 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 49°15′S 69°35′E / 49.25°S 69.583°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
As Illas Kerguelen (antes denominadas como Illas da Desolación) constitúen un arquipélago situado no Océano Índico meridional, a uns 5000 km ao sur-sueste de Cidade do Cabo, e a uns 2000 km ao norte das costas da Antártida. Son posesión de Francia, e como tal están incluídas nos Territorios Austrais Franceses (Terres Austrais et Antarctiques Françaises, TAAF). As súas coordenadas están comprendidas entre os 48º35' e 49º54' S / 68º43' e 70º35 E de Greenwich.
O arquipélago está constituído por unha illa principal chamada Grande Terre de 6.675 km², e máis de 300 pequenas illas, illotes e arrecifes que se dispón ao redor de Grande Terre, o cal outorga ao arquipélago unha superficie total de 7.215 km².
A illa principal é radial, con costas moi accidentadas e escarpadas onde abundan os fiordos e as penínsulas que tales accidentes producen. As dimensións da illa son de 150 km lineais de Oeste a Este, e 120 km lineais de Sur a Norte. A altura máxima da illa, e polo tanto de todo o arquipélago, é o pico chamado Mont Ross (1.850 m), do cal descenden ventisqueiros que, na parte occidental, constitúen un extenso glaciar.
Índice |
Clima [editar]
O clima é perhúmedo subantártico, con máis de 1.000 mm de precipitacións ao ano, é dicir, chove ou neva (segundo sexa verán ó inverno) durante máis de 300 días ao ano. A alta humidade ambiental provoca a aparición de frecuentes neblinas. As temperaturas máis elevadas danse entre xaneiro e marzo, superando moi raramente os 10 ºC; as máis baixas danse en xullo, chegando a alcanzarse 20 °C baixo cero. Dada a alta humidade e a persistente presenza de ventos, a sensación térmica é case sempre bastante máis baixa que a temperatura medida termometricamente.
Como se sinalou, ademais de nubrado e pluvioso o clima das Kerguelen é moi ventoso, xa que se atopan na banda eólica dos cincuenta brumadores que sopran case continuamente desde o cuadrante Oeste. Os refachos de vento alcanzan frecuentemente os 150 km/h, e ata os 200 km/h, aínda que estas cifras varían, como as de temperatura e humidade, segundo as fachadas e altitudes do arquipélago.
Flora [editar]
Existe vexetación na illa, aínda que polas condicións de humidade e de temperatura, é case sempre achaparrada e pigmea: herbáceas, brións, brezos, líquens, manchas de tusacs e fungos. Non hai arbores nin arbustos, atópanse troncos fosilizados de arbores pertencentes á familia das araucarias, proba de que as illas tiveron un clima máis calido. Nas augas abundan os bosques de algas xigantes (Macrocystis e Durvillaea), que poden alcanzar os 25 m de lonxitude.
Unha herbácea fanerógama típica das Kerguelen é a denominada col de Kerguelen (Pringlea antiescorbútica), moi rica en vitamina C.
Fauna [editar]
O arquipélago sitúase na zona de converxencia antártica, onde as augas frías procedentes da Antártida mestúranse coas augas cálidas derivadas das correntes setentrionais. Por este motivo abundan tanto a fauna mariña como a fauna inmediatamente asociada a ela por razóns ecolóxicas: focas, lobo mariño, leóns mariños, elefantes mariños, xunto con pingüíns (papúas, reais, de penacho, adelia) albatros, corvos mariños, pardelas, pombas antárticas, gaivotas, damiers du Cap e skuas.
A fauna alóctona aclimatada é bastante variada: ovellas, renos, muflons, coellos (introducidos desde Sudáfrica en 1874), gatos, ratas e ata porcos europeos "cimarróns" (aínda que estes foron extinguidos pola caza).
Historia [editar]
O arquipélago foi descuberto por unha expedición ao mando de Yves Joseph de Kerguelen de Trémarec en 1772. Durante a segunda metade do século XIX creouse unha efémera república de baleeiros. En 1893 o estado francés tomou oficialmente posesión das Kerguelen. En 1924 as illas Kerguelen, xunto ás illas Crozet, Saint-Paul, e Amsterdam, foron anexadas ao Goberno Xeral de Madagascar (entón dependencia francesa). Tras 1955 e en vistas da inevitable independencia de Madagascar, o estado francés incluíu aos arquipélagos apuntados nas Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF).
Na actualidade a poboación está composta por un centenar de científicos e as súas familias, cuxa presenza é de carácter temporal, durante o verán austral, instalados na base chamada Port-aux-Français, ao Leste da illa principal.