John Cabot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Cabot no porto de Bristol

Giovanni Caboto, coñecido en Inglés como John Cabot, nado arredor do 1450 e finado contra 1499, foi un navegador e explorador italiano. É considerador o primeiro europeo moderno en descubrir o continente norteamericano en 1497.

Traxectoria[editar]

Foi probablemente debido ás noticias do descubrimento das "Indias" por Cristovo Colón que se decidiu a encontrar unha ruta ao oeste por si mesmo. Foi cos seus plans a Inglaterra, porque pensou incorrectamente que as especias proviñan do norte de Asia; e o grao de lonxitude é máis curto canto máis alonxado se está do ecuador, así que a viaxe dende a Europa occidental á Asia oriental sería máis curta en latitudes elevadas.