Teresa Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Díaz
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Cervantes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa , docente Editar o valor em Wikidata

Flickr: teresadiaz


María Teresa Díaz Martínez, nada o 9 de outubro de 1961 en Cervantes, é unha fotógrafa e docente galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marchou a vivir a Londres en 1989, onde cursou estudos de fotografía na Pimlico Arts & Media School, onde realizou a súa primeira exposición colectiva co proxecto InfelizCidade.[1] En 1993 realizou outra exposición no Tearooms des Artistes xunto a outro fotógrafo londiniense.

En 1996, xa de volta en Galicia, realizou varias exposicións individuais no Café Cultural Auriense de Ourense e no Café Modus Vivendi en Santiago de Compostela,[1] ademais dunha colectiva no Café Paraíso Perdido tamén en Santiago.

Traballou facendo a foto fixa de varios proxectos audiovisuais de Ignacio Vilar, como na curtametraxe Disonancias (1999), no documental A aldea: O antigo e o novo (2000), na rodaxe de Ilegal (2001) e na serie documental A vangarda histórica galega (2002) da produtora Vía Láctea Filmes.

No 2008 participou na mostra fotográfica Ourense en Pé de Foto, xunto a outros fotógrafos galegos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Iglesias, Ana (13 de setembro de 1996). "Teresa Díaz retrata en once fotos la deshumanización de las grandes ciudades". El Correo Gallego: 31. 
  2. Ourense en pé de foto. Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense. 2004. ISBN 84-933890-0-5.