Teolindo Soto Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeolindo Soto Barro
Biografía
Nacemento1848 Editar o valor em Wikidata
As Grañas do Sor, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 1906 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnotario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Soto Reguera Editar o valor em Wikidata
ParentesLouis de Funès (son's son (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Teolindo Soto Barro, nado nas Grañas do Sor (Mañón) en 1848 e finado en Ortigueira o 13 de setembro de 1906, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz municipal de Ortigueira en 1876.[1] Gañou as oposicións a notario en 1878[2] e exerceu en Lugo e despois en Madrid. Foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1886 e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1893. Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1905. Foi fundador e presidente do Círculo das Artes de Lugo nos anos 1881 e 1885.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Leonor Reguera Hernández e foi pai de José e Leonor Soto Reguera, e avó actor cómico francés Louis de Funès.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 7-8-1876, p. 3.
  2. El Diario de Santiago, 6-4-1878, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]