Stephenie Meyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stephenie Meyer
Nome completoStephenie Morgan
Nacemento24 de decembro de 1973
Lugar de nacementoHartford
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaestadounidense
RelixiónIgrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días
Alma máterUniversidade Brigham Young e Chaparral High School
Ocupaciónactriz, guionista, produtora, escritora, novelista, escritora de ciencia ficción, escritora de literatura infantil, empresaria, roteirista de cinema e emprendedora
Coñecida porTwilight e The Host
Na rede
https://stepheniemeyer.com
IMDB: nm2769412 Allocine: 202734 Allmovie: p533255 TV.com: people/stephenie-meyer
Musicbrainz: 8c6b977c-444a-4948-9a2d-25c9a20e77d3 Songkick: 2331652 Discogs: 5740658 WikiTree: Morgan-17932 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Stephenie Meyer, nada Morgan o 24 de decembro de 1973, é unha autora estadounidense de literatura xuvenil e produtora de cine coñecida pola serie romántica de vampiros Twilight.[1][2][3]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Stephenie Meyer naceu en Hartford, Connecticut, filla de Stephen e Candy Morgan. Creceu en Phoenix (Arizona) con cinco irmáns e irmás: Seth, Emily, Jacob, Paul e Heidi. Asistiu á escola secundaria Chaparral en Scottsdale (Arizona). Asistiu á Universidade Brigham Young en Provo, Utah, onde recibiu un B.A. en inglés en 1997.[4] Meyer coñeceu o seu marido Christian en Arizona cando tiña catro anos, e casou con el en 1994 cando ambos tiñan 21 anos. Xuntos tiveron tres fillos: Gabe, Seth e Eli. Christian Meyer, anteriormente auditora, agora retirouse para coidar dos seus fillos.[5]

Twilight[editar | editar a fonte]

A novela Twilight gañou recoñecemento mundial vendéndose máis de 100 millóns de copias en todo o mundo.[1][6] A novela conta con traducións a máis de 37 linguas diferentes.[2][3] Meyer foi a autora máis vendida en América en 2008 e 2009, con máis de 29 millóns de libros no 2008[7][8] e 26,5 millóns no 2009.[9] Twilight foi o libro máis vendido do ano 2008 nas librerías estadounidenses.[10]

Meyer ocupou o posto 49 na lista da revista Time das 100 persoas máis influentes en 2008,[11] e foi incluída na lista de Forbes Celebrity 100 das celebridades máis poderosas do mundo no 2009, entrando no posto 26. Os seus ingresos anuais superan os 50 millóns.[12] En 2010, Forbes clasificouna como a celebridade máis poderosa con ingresos anuais de 40 millóns de dólares estadounidenses.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lev Grossman (13-11-2009). "It's Twilight in America". Time. Arquivado dende o orixinal o 19-01-2012. Consultado o 13-11-2009. 
  2. 2,0 2,1 Claudia Parsons (21-11-2008). ""Twilight" publisher sees film boosting book sales". Reuters. Consultado o 23-09-2010. 
  3. 3,0 3,1 Kenneth Turan (21-11-2002). "Movie Review: 'Twilight'". LA Times. Consultado o 21-11-2008. 
  4. Cracroft, Richard H. (inverno de 2008). Brigham Young University Magazine, ed. "YA Novels and Mormon Memoirs". Consultado o 01-08-2008. 
  5. Damian Whitworth (13-05-2008). The Times, ed. "Harry who? Meet the new J.K. Rowling". Londres. Consultado o 15-08-2009. 
  6. John A. Sellers (30-03-2010). Publishers Weekly, ed. "New Stephenie Meyer Novella Arriving in June". Consultado o 30-03-2010. 
  7. Bob Minzesheimer and Anthony DeBarros (15-01-2009). USA Today, ed. "Sellers basked in Stephenie Meyer's 'Twilight' in 2008". Consultado o 16-01-2009. 
  8. Forbes (ed.). "The World's Most Powerful Celebrities: #26 Stephenie Meyer". Consultado o 23-07-2009. 
  9. Diane Roback (22-03-2010). Publishers Weekly, ed. "Children's Bestsellers 2009: The Reign Continues". Consultado o 04-04-2010. 
  10. Debarros, Anthony; Cadden, Mary; DeRamus, Kristin; Schnaars, Christopher (14-01-2009). USA Today, ed. "The top 100 titles of 2008". Consultado o 16-01-2009. 
  11. "The 2008 Time 100 Finalists". 01-04-2008. Arquivado dende o orixinal o 03-02-2011. Consultado o 23-07-2009. 
  12. Gil Kaufman (04-06-2009). MTV, ed. "Angelina Jolie, Oprah, Madonna Top Forbes Celebrity 100". Consultado o 10-06-2009. 
  13. Forbes.com, ed. (03-06-2009). "The Celebrity 100". Consultado o 01-08-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]