Taylor Lautner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTaylor Lautner

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Taylor Daniel Lautner Editar o valor em Wikidata
11 de febreiro de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Grand Rapids (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAgoura Hills (pt) Traducir (2020–)
Chatsworth (en) Traducir (2012–2020) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónValencia High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura174 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión , modelo , actor de cinema , actor de dobraxe , creador de podcast Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportearte marcial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTay Lautner (2022–)
ParellaTaylor Dome (en) Traducir (2009–2009) Editar o valor em Wikidata
NaiDeborah C. Bos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1210124 Allocine: 119484 Rottentomatoes: celebrity/taylor_lautner Allmovie: p412953 TCM: 9048526 Metacritic: person/taylor-lautner TV.com: people/taylor-lautner
Facebook: TaylorLautner Instagram: taylorlautner Last fm: Taylor+Lautner Musicbrainz: ed4806cc-d3f9-4d39-924a-117ea0983fbd Discogs: 8365104 Allmusic: mn0002323553 Genius: Taylor-lautner Editar o valor em Wikidata

Taylor Daniel Lautner, nado en Grand Rapids (Míchigan) o 11 de febreiro de 1992, é un actor estadounidense e experto en artes marciais que participou en filmes como The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D, Cheaper by the Dozen 2 (con Steve Martin) ou Twilight.

Traectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Dan e Deborah Lautner, ten raíces francesas, alemás e neerlandesas, e tamén parte de indio americano pola rama materna (máis especificamente, das tribos potawatomi e ottawa).[1] Lautner comezou a estudar karate desde aos 3 ou 4 anos, adestrando en Fabiano´s Karate School, en Holland, Míchigan. No ano seguinte comezou a gañar campionatos, sendo convidado a se adestrar co sete veces campión do mundo de karate, Michael Chaturantabut. Ós oito anos, foi seleccionado para representar o seu país na World Karate Association, onde gañou tres medallas de ouro na modalidade Junior World and Weapons.

Taylor comezou a súa carreira de actor despois de que o seu adestrador de artes marciais o persuadira para que acudira a un cásting nos Ánxeles. Aínda que ao cabo non o elixiron, gozou tanto da experiencia que decidiu continuar coa carreira da actuación. Deseguido, xunto coa familia trasladouse desde Míchigan ata California a fin de poder acudir a máis cástings. Aos 10 anos, a súa familia instalouse definitivamente nos Ánxeles para apoialo na súa carreira de actor a tempo completo. Tamén seguiu desenvolvendo a súa afección pola artes marciais e no 2003, con só 11 anos, situouse como número un no mundo do NASKA's Black Belt Open Forms, Musical Weapons, Traditional Weapons and Traditional Forms, e a idade de 12 anos, gañou o Campionato do Mundo Júnior de Artes Marciais.

Faceta de actor[editar | editar a fonte]

No 2005, á idade de trece anos, encarnou no papel de Sharkboy na película de Robert Rodríguez The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D. Tamén interpretou o papel de Elliot Murtaugh, o fillo do rival dos Baker, na película Cheaper by the Dozen 2, xunto con Steve Martin e Hilary Duff.

No 2008 foi elixido para o papel de Jacob Black, un licántropo con sangue nativo-americano, personaxe da saga literaria Twilight, de Stephenie Meyer. Taylor continuou encarnando a Jacob Black para as seguinte secuelas dos libros de Meyer, logrando así un papel máis protagonista. Lautner fixo tamén o papel de Jack Spivey, o fillo do protagonista da serie televisiva My Own Worst Enemy, xunto a Christian Slater. Porén, a serie foi cancelada no seu noveno episodio por non ter suficiente audiencia.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2001 Shadow Fury Kismet de neno
2005 The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D Sharkboy
2005 Cheaper by the Dozen 2 Elliot Murtaugh
2008 Twilight Jacob Black
2009 The Twilight Saga: New Moon Jacob Black
2010 Historias do San Valentín Willy Harrinton
2010 The Twilight Saga: Eclipse Jacob Black
2011 Abduction Nathan
2011 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 Jacob Black
2012 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 Jacob Black
2013 Grown Ups 2 Frat Boy Andy
2015 Tracers Cam
2015 The Ridiculous 6 Lil' Pete
2016 Run the Tide Reymond Hightower

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2003 The Bernie Mac Show Aaron 2 episodios
2004 My Wife and Kids Tyrone 1 episodio
2004 Summerland Rapaz na praia
2005 Danny Phantom Youngblood (voz) 3 episodios
2005 Duck Dodgers Reggie Wasserstein/Terrible Obnoxious Boy (voice) 2 episodes
2005 What's New, Scooby-Doo? Dennis/Ned (voz) 2 episodios
2006 Love, Inc. Oliver
2006 He's a Bully, Charlie Brown Joe Agate (voz) Especial de TV
2008 My Own Worst Enemy Jack Spivey

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carroll, Larry (20 de maio de 2008). "Actor Taylor Lautner Is Eager To Deliver 'Naked' Line, Master Driving". MTV. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 14 de outubro de 2008. |

Véxase tamén[editar | editar a fonte]