Taumarqueotas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taumarqueotas
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: "Thaumarchaeota"
Filo: "Thaumarchaeota" Brochier-Armanet et al. 2008
Orde

Os taumarqueotas ou Thaumarchaeota (en grego "arqueas marabillosas") son un novo filo recentemente proposto de Archaea, que comprende só catro especies: Nitrosopumilus maritimus, Cenarchaeum symbiosum, Nitrososphaera viennensis,[1] e Nitrososphaera gargensis (e hai varias especies máis propostas para ser incluídas no grupo). [2] Todos os organismos deste grupo descubertos ata agora son oxidadores de amoníaco quimiolitoautótrofos e crese que poden desempeñar un importante papel nos ciclos bioxeoquímicos como o ciclo do nitróxeno e o do carbono.

O filum foi proposto en 2008 baseándose en datos filoxenéticos, como as secuencias dos xenes dos ARN ribosómicos destes organismos, e a presenza dunha forma de topoisomerase de tipo I que se pensaba que só existía en eucariotas. [2][3] Esta asignación foi confirmada por posteriores análises publicadas en 2010 que examinaron os xenomas das arqueas oxidadoras de amoníaco Nitrosopumilus maritimus e Nitrososphaera gargensis, que concluíron que estas especies formaban unha liñaxe distinta, que incluía tamén a Cenarchaeum symbiosum, que foi o primeiro membro dos que hoxe son Thaumarchaeota que foi descrito. [4]

O Cenarchaeum symbiosum (orde Cenarchaeales) atopouse vivindo en simbiose cunha esponxa mariña. Esta especie pensábase que estaba emparentada con especies de Crenarchaeota non termofílicas que habitan en diversos ambientes terrestres e mariños. Agora inclúese en Thaumarchaeota. Esta especie crece ben a 10 °C. [5]

En 2005, publicáronse as evidencias do cultivo de Nitrosopumilus maritimus, que é un organismo que oxida o amoníaco illado dun tanque dun acuario mariño, que crece a 28°C.[6] [7] Pensouse inicialmente que era un Crenarchaeota "de baixa temperatura".


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tourna, Maria; Stieglmeier, Michaela; Spang, Anja; Könneke, Martin; Schintlmeister, Arno; Urich, Tim; Engel, Marion; Schloter, Michael et al. (2011). "Nitrososphaera viennensis, an ammonia oxidizing archaeon from soil". Proceedings of the National Academy of Sciences 108 (20): 8420–5. DOI:10.1073/pnas.1013488108. PMC 3100973. PMID 21525411. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=3100973. 
  2. 2,0 2,1 Brochier-Armanet, Céline; Boussau, Bastien; Gribaldo, Simonetta; Forterre, Patrick (2008). "Mesophilic crenarchaeota: Proposal for a third archaeal phylum, the Thaumarchaeota". Nature Reviews Microbiology 6 (3): 245–52. DOI:10.1038/nrmicro1852. PMID 18274537. 
  3. Brochier-Armanet, Céline; Gribaldo, Simonetta; Forterre, Patrick (2008). "A DNA topoisomerase IB in Thaumarchaeota testifies for the presence of this enzyme in the last common ancestor of Archaea and Eucarya". Biology Direct 3: 54. DOI:10.1186/1745-6150-3-54. PMC 2621148. PMID 19105819. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2621148. 
  4. Spang, Anja; Hatzenpichler, Roland; Brochier-Armanet, Céline; Rattei, Thomas; Tischler, Patrick; Spieck, Eva; Streit, Wolfgang; Stahl, David A. et al. (2010). "Distinct gene set in two different lineages of ammonia-oxidizing archaea supports the phylum Thaumarchaeota". Trends in Microbiology 18 (8): 331–40. DOI:10.1016/j.tim.2010.06.003. PMID 20598889. 
  5. C.M. Preston, K.Y Wu, T.F. Molinskidagger and E.F. DeLong. "A psychrophilic crenarchaeon inhabits a marine sponge: Cenarchaeum symbiosum gen. nov., sp. nov.". Proceedings of the National Academy of de Sciences of United States of America (13). 
  6. Könneke M, Bernhard AE, de la Torre JR, Walker CB, Waterbury JB, Stahl DA (2005). "Isolation of an autotrophic ammonia-oxidizing marine archaeon". Nature 437 (7058): 543–6. Bibcode 2005Natur.437..543K. DOI:10.1038/nature03911. PMID 16177789. 
  7. Ingalls AE, Shah SR, Hansman RL, Aluwihare LI, Santos GM, Druffel ER, Pearson A. "From the Cover: Quantifying archaeal community autotrophy in the mesopelagic ocean using natural radiocarbon". Proc Natl Acad Sci U S A (17). PMID 16614070 abstract.