Methanosarcinales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Methanosarcinales é unha orde de microorganismos arqueanos de metabolismo metanóxeno da clase Methanomicrobia.[1] As características dos seus xenes de ARNr 16S fan que se considere que forman un clado propio. Viven en hábitats anaeróbicos de auga doce e salgada, sedimentos, rume de ungulados, lodos, augas residuais, esterco, dixestores anaeróbicos. Hai especies de Methanosarcinales en ambientes con todos os rangos de salinidade. Crecen utilizando o acetato, que converten en metano e dióxido de carbono, ou, na familia Methanosarcinaceae, catabolizan compostos metilo como metanol, metilaminas ou metilsulfuro (moitas Methanosarcinaceae poden usar o H2 para reducir o metilo). En ambientes anóxicos escuros e con CO2 como único aceptor de electróns as Methanosarcinales, como Methanosarcina e Methanosaeta, son os únicos organismos que poden degradar o acetato. Presentan unha parede celular proteica e algúns unha vaíña de heteropolisacárido (pero sen peptidoglicano nin pseudomureína). Teñen forma de cocos, pseudosarcinas ou bacilos envaiñados.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver no NCBI a páxina das Methanosarcinales. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2014-08-10. 
  2. Melissa M. Kendall, David R. Boone . The Prokaryotes. 2006, pp 244-256. The Order Methanosarcinales. [1]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Revistas científicas
  • Cavalier-Smith, T (2002). "The neomuran origin of archaebacteria, the negibacterial root of the universal tree and bacterial megaclassification". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 52 (Pt 1): 7–76. PMID 11837318. 
  • Cavalier-Smith, T (1986). "The kingdoms of organisms". Nature 324 (6096): 416–417. PMID 2431320. doi:10.1038/324416a0. 
Libros científicos
  • Boone DR, Whitman WB, Koga Y (2001). "Order III. Methanosarcinales ord. nov.". En DR Boone and RW Castenholz, eds. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology Volume 1: The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria (2nd ed.). New York: Springer Verlag. pp. p. 169. ISBN 978-0-387-98771-2. 
  • Grant WD, Kamekura M, McGenity TJ, Ventosa A (2001). "Class III. Halobacteria class. nov.". En DR Boone and RW Castenholz, eds. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology Volume 1: The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria (2nd ed.). New York: Springer Verlag. pp. p. 169. ISBN 978-0-387-98771-2. 
  • Garrity GM, Bell JA, Lilburn TG (2004). "Taxonomic Outline of the Prokaryotes". Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, release 4.0 (2nd ed.). New York: Springer Verlag. doi:10.1007/bergeysoutline200310. 
Bases de datos científicas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]