Tarxeta de proximidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tarxeta intelixente sen contacto empregada para pagar o transporte público en Helsinki.

Unha tarxeta de proximidade é un pequeno dispositivo que inclúe un circuíto integrado, que pode ser lido de forma remota sen necesidade de contacto físico. Co termo tarxeta de proximidade podemos referirnos aos vellos dispositivos de 125 KHz ou ás novas tarxetas intelixentes por RFID, de 13.56 MHz.

As tarxetas de proximidade teñen unha distancia de lectura de ata 5 centímetros, na maioría dos casos, permitindo ao usuario pasar a tarxeta diante do lector sin sacala da carteira, por exemplo. O prezo deste tipo de tarxetas é bastante baixo, entre un e dous euros (datos de 2007).

Estándares[editar | editar a fonte]

O estándar que define as características que deben ter as tarxetas de proximidade é o ISO 14443, do ano 2001. Define dous tipos de tarxetas sen contacto ("A" e "B"), permitidos para distancias de comunicación de ata 10 cm. Houbo varias propostas para a ISO 14443 tipos C, D, E e F que aínda teñen que remata-lo proceso de estandarización. Un estándar alternativo de tarxetas intelixentes sen contacto é o ISO 15693, que permite a comunicación a distancias de ata 150 cm. A este segundo tipo de tarxetas, que permiten distancias de lectura moito maiores que as das tarxetas de proximidade, acostuman a recibir o nome de tarxetas de cercanía.

Comunicación co lector[editar | editar a fonte]

O chip comunícase co lector de tarxetas mediante indución a unha taxa de transferencia de 106 a 848 Kb/s. As tarxetas de proximidade empregan un circuíto LC. Un indutor, un condensador, e unha bobina están conectados en serie. O lector de tarxetas presenta un campo que excita a bobina e carga o condensador, que transmite a enerxía ó indutor. Os lectores de tarxetas comunícanse coa tarxeta usando o protocolo Wiegand.

As primeiras tarxetas podían almacenar 26 bits de información. Segundo foi medrando a demanda, foi crecendo a capacidade de almacenar información, para poder ter un maior número de tarxetas distintas.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

As tarxetas de proximidade poden almacenar unha pequena cantidade de información, que normalmente é empregada para almacenar unha clave que identifique ao seu propietario. Así, cada vez que o usuario pasase a tarxeta diante do lector, o sistema podería identificalo, sendo usado en sistemas de control horario e sistemas de autorización de accesos.

Tamén se está a usar para realizar pequenos pagos, como no transporte público. A seguinte táboa mostra distintos exemplos de tarxetas intelixentes usadas no transporte público.

Lugar Tarxeta Provedor Introdución
Hong Kong Octopus
Malaisia Touch 'n Go Teras Technologi Sdn Bhd 1997
Washington, D.C. SmarTrip Cubic Transportation Systems 1999
Taipei EasyCard Taipei Smart Card Corporation marzo de 2000
Nottingham EasyRider Nottingham City Transport setembro de 2000
Singapur EZ-Link 2001
París Navigo card outubro de 2001
Toquio Tarjeta Suica JR East novembro de 2001
Santiago de Chile Multivía Metro de Santiago 2003
Chicago Chicago Card Chicago Transit Authority 2002
Nagasaki Nagasaki Smart Card xaneiro de 2002
Londres Oyster card Transport for London xaneiro de 2004
Dublín Luas ITS marzo de 2005
Minneapolis Go-To card Metro Transit (Minnesota)
Perth SmartRider Transperth y Wayfarer xaneiro de 2006
Boston Charlie Card Massachusetts Bay Transportation Authority 2006
Melbourne 2007
Toronto GTA Farecard GO Transit 2007
Guernsey Multi Journey "Wave & Save" Island Coachways
San Paulo Bilhete Unico Prefeitura de São Paulo 2004
San Francisco TransLink Metropolitan Transportation Commission en probas dende 2002

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

OUtros artigos[editar | editar a fonte]