Talk on Corners

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Talk On Corners
Álbum de The Corrs
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: 1997.
Estudio(s) de gravación: Estudios West Coast Estados Unidos; Peak Studios Dublín.
Duración: {{{duración}}}
Xénero: Pop-rock, Folk, Celta
Selo(s): Atlantic Records/Lava
Producido por: David Foster, Jim Corr, Oliver Leiber, Glen Ballard, John Hughes, Rick Nowels e Billy Steinberg.
Cronoloxía
Live (versión en vivo de Forgiven, Not Forgotten) Talk On Corners The Corrs Unplugged, antes de In Blue.

Talk On Corners foi o segundo e máis exitoso disco de estudio gravado pola banda irlandesa The Corrs. Mentres que en Forgiven, Not Forgotten mesturaran o son pop e rock co folk irlandés, neste decantábanse cara o pop con enfeites tradicionais irlandeses. The Corrs visita Galicia na súa xira mundial en 1999 despois da edición do disco.

Foi editado en 1997 vendéndose arredor 11 millóns de exemplares entrando nas listas de ducias de países. Acadou 20 discos de platino en Irlanda, 9 no Reino Unido , 7 en España e 4 en Australia entre outros. É un dos álbums estranxeiros máis vendidos e con maior duración nas listas de vendas españolas nos anos 90, tendo tamén gran éxito en Galicia, e sendo o décimo noveno álbum máis vendido na historia do Reino Unido con 2,944,547 copias, sendo o disco máis vendido na illa británica en 1998 e o noveno de 1999. Chegou un momento no que, estando número #1 no Reino Unido Talk On Corners, acadou o número #2 Forgiven, Not Forgotten, o primeiro álbum da banda, de 1995, feito que só tiña o precedente cos Beatles. Este feito debeuse á emisión en vivo pola BBC dun concerto de The Corrs o día de San Patricio no Royal Albert Hall.

O álbum inclúe unha versión folk do clásico de Jimi Hendrix Little wing.

Lista de temas[editar | editar a fonte]

  1. Only When I Sleep Só Cando Durmo (Sinxelo)
  2. When he's not around Cando El Non Está Arredor (Sinxelo)
    1. Corte intrumental
  3. What Can I Do? Que lle podo facer? (Sinxelo)
  4. I Never Loved You Anyway Xamais te amei de xeito ningún (sinxelo)
  5. So Young Tan novos (sinxelo)
  6. Don't say you love me Non digas que me queres
  7. Love gives love takes Dar amor coller amor
  8. Hopelessly addicted Adicta sen remedio
  9. Paddy McCarthy (Instrumental)
  10. Intimacy Intimidade
  11. Queen of Hollywood Raíña de Hollywood
    1. Corte instrumental
  12. No good for me Non é bo para min
  13. Little wing (Jimi Hendrix) Á miúda
  14. Bonus Track: Dreams Soños (Sinxelo)

Reedicións[editar | editar a fonte]

Grazas ao progresivo éxito deste álbum, seguíronlle numerosas reedicións en varios países e unha edición especial en 1998 (Talk On Corners Special Edition) con varios "remixes". Así a edición xaponesa inclúe os sinxelos Remember (Lembrar) e What I Know (O que eu sei), ambos inéditos. A edición para Malaisia e Singapur foi un CD duplo con 5 "bonus track". Tamén houbo edición senlleira para os Estados Unidos.

Listaxes de vendas[editar | editar a fonte]

Álbum

Ano Lista Posición Certificación
1998 UK Charts 1 9 Platinos
1997 Lista España 3 7 Platinos
1997 Irish Charts (Irlanda) 1 20 Platinos
1998 Estados Unidos 72 1 Ouro
1997 Charts Australia 1 4 Platinos
1997 Charts Francia 5 1 Platino
1997 Charts Suíza 5 1 Platino
1997 Charts Alemaña 9 1 Ouro
1997 Charts Austria 9 ?
1997 Charts Suecia 3 ?
1997 Charts Finlandia 2 ?
1997 Charts Nova Zelandia 1 ?