"Heart Like A Wheel"/"Old Town" é un dobre sinxelo da banda irlandesa de folk rockThe Corrs sacado do seu álbum Home. Foi lanzado ó mercado o 24 de outubro de 2005. "Heart Like a Wheel" é unha versión da canción homónima de Kate e Anna McGarrigle, e "Old Town" é unha versión da canción de Phil Lynott. Para o grupo, foi o sinxelo que peores marcas acadou no Reino Unido, mentres que en España tivo mellor acollida e logrou colocarse no posto #8.