Taking Back Sunday
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Taking Back Sunday | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Long Island, New York, |
| Período | 1999 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, emo, indie rock, pop punk, post-hardcore |
| Selo(s) discográfico(s) | Warner Bros., Victory |
| Membros | Adam Lazzara John Nolan Eddie Reyes Shaun Cooper Mark O'Connell |
| Antigos membros | Matthew Rubano Fred Mascherino Antonio Longo Jesse Lacey Steven DeJoseph Matthew Fazzi |
| Web oficial | takingbacksunday.com |
Taking Back Sunday é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Long Island, Nova York, e formada en 1999 polo guitarrista Eddie Reyes. Os membros actuais da banda son Adam Lazzara (voces), John Nolan (guitarra e voces), Eddie Reyes (guitarra), Shaun Cooper (baixo) e Mark O'Connell (batería).
Louder Now (2006), é o álbum que os lanzou á fama, destacando del o seu sinxelo "MakeDamnSure". O disco vendeu ao redor das 900.000 copias e chegou o número 2 da lista Billboard 200 estadounidense, seguido moi de preto polo anterior Where You Want to Be, que acadou o número 3 en 2004.
Discografía [editar]
- Tell All Your Friends - 2002
- Where You Want to Be - 2004
- Louder Now - 2006
- New Again - 2009
- Taking Back Sunday - 2011
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)