Túnel do Mont Blanc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°54′05″N 6°51′39″E / 45.90139°N 6.86083°E / 45.90139; 6.86083

O túnel de Mont Blanc é un túnel nos Alpes, que une por estrada Francia con Italia, baixo o Mont Blanc.

As dúas cidades máis famosas preto do túnel son Chamonix (Alta Savoia, Francia) e Courmayeur (Val de Aosta, Italia). Comezado en 1957 e rematado en 1965, o túnel de 11,6 km de longo e 8,6 m de ancho discorre baixo a montaña entre estas dúas cidades. É unha das principais rutas de transporte transalpinas, particularmente para Italia, que confía nela para transportar ata un terzo das súas mercadorías cara ao norte de Europa.

A súa gran traxedia[editar | editar a fonte]

O 24 de marzo de 1999, un camión belga incendiado no túnel causou unha das traxedias automobilísticas máis grandes de Europa. O lume, por mor de estar no interior do túnel, propagouse moi rapidamente incinerando todo o combustible que ía atopando ao seu paso.

Provocouse un incendio de enormes proporcións, foron 53 horas de combate ao lume. Faleceron 39 persoas, a gran maioría carbonizadas dentro dos seus automóbiles, outras tratando de escapar a pé.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]