Subdivisións de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo a súa constitución, Romanía está dividida administrativamente en comunas, poboacións e condados.[1] Conta con 41 condados (judeţe) máis a súa capital , Bucarest. Estes 41 condados están divididos en 2.827 comunas (áreas rurais), 103 cidades e 211 poboacións (áreas urbanas).

Romanía estivo dividida historicamente en tres rexións: Valaquia, Transilvania e Moldavia. Actualmente, segundo a constitución, o estado está dividido en 8 rexións de desenvolvemento.

Abaixo de todo están as aldeas, un total de 13.092 aldeas, que non teñen administración especial de seu, a excepción de Bucarest, que posúe sectores con poder administrativo.

Mapa administrativo da Romanía: Transilvania está en verde, Valaquia en azul, a rexión da Moldavia en vermello e Dobruxa en amarelo

Rexións históricas[editar | editar a fonte]

A Romanía é unha nación composta de catro grandes rexións históricas, Transilvania, Valaquia, Moldavia e Dobruxa, que á súa vez se poden dividir noutras. Estas son:

As tres rexións históricas entre 1793 e 1812.

Rexións de desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Estatisticamente, Romanía está dividida en oito rexións, constituíndo as NUTS de nivel II. Estas son:

  • RO1 – Macroregiunea 1:
    • Nord-Vest – RO11; 6 condados; 2.737.400 habitantes; 34.159 km²
    • Centru – RO12; 6 condados; 2.638.809 habitantes; 34.100 km²
  • RO2 – Macroregiunea 2:
    • Nord-Est – RO21; 6 condados; 3.836.875 habitantes; 30.949 km²
    • Sud-Est – RO22; 6 condados; 2.932.124 habitantes; 35.770 km²
  • RO3 – Macroregiunea 3:
    • Sud – RO31; 7 condados; 3.458.759 habitantes; 34.450 km²
    • Bucureşti-Ilfov – RO32; 1 condado máis Bucharest; 2.198.285 habitantes; 1.821 km²
  • RO4 – Macroregiunea 4:
    • Sud-Vest – RO41; 5 condados; 2.394.895 habitantes; 31.211 km²
    • Vest – RO42; 4 condados; 1.958.648 habitantes; 32.028 km²

Condados de Romanía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Condados de Romanía.

Romanía atópase dividida administrativamente en 41 judeţe (provincias), máis o municipio (municipiu) de Bucarest, a capital, constituíndo as NUTS de nivel 3.

Estes 41 judeţe son divididos en 2.827 comunas (comune - para áreas rurais), 211 cidades (oraşe - para áreas urbanas) e 103 municipios (municipii - para grandes áreas urbanas). Na Romanía, o status de municipio é dado só a grandes cidades.

Os condados actuais son (en orde alfabética):

Notas[editar | editar a fonte]