Stefano Ittar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa da Collegiata ou Santa Maria dell'Elemosina en Catania, obra salientable do barroco sicilián, foi realizada por Stefano Ittar cara o 1768.

Stefano Ittar, nado contra 1730 e finado en 1789, foi un arquitecto italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na Polonia, onde seu pai, membro da familia aristocrática Guidone de Hittar, fóra refuxiado debido a un conflito co Grande Ducado de Toscana.

Cando Stefano era aínda novo, a súa familia trasládase a Roma, onde puido estudar arquitectura baixo a protección do cardenal Alessandro Albani e influenciarse polas realizacións de Francesco Borromini.

Despois dunha breve estancia en España, Ittar instálase en Catania, na Illa de Sicilia, en 1765. A vila estaba fortemente danada polo sismo de 1693, grazas aos esforzos de Giovanni Battista Vaccarini qui reconstruíra bairros enteiros no estilo barroco.

Entre as realizacións de Stefano Ittar en Catania, contanse a Igrexa de San Martino ai Bianchi, Igrexa San Placido e sobre todo a fachada da Collegiata, considerada coma obra mestra e coma un modelo na técnica do claro-escuro.

Dous dos fillos de Stefano, Enrico e Sebastiano, chegaron tamén a ser afamados arquitectos locais .